martes, 22 de mayo de 2012

DIFERENZAS XENÉTICAS NOS CANS ACTUAIS.

Os cans foron os primeiros animais domesticados, sufriron moitos cruzes ao longo dos seus 15.000 anos de historia e iso fai que sexa moi difícil rastear as antigas raíces xenéticas dos animais domésticos de hoxe en día según un estudo dirixido pola Universidade de Durham no Reino Unido, no que participaron investigadores do CSIC e que foi publicado na "Proceedings of the National Academy of Sciences".

Estes científicos analizaron a composición xenética de 1.375 cans de 35 razas distintas, xunto co analise xenético dalgún lobo e observaron que estas razas teñen xenéticamente pouco en común cos seus antepasados.
Este estudio desvelou que hai unhas 14 razas, entre as que se atopan os Basenji, Saluki e Dingos, que teñen unha mellor herdanza xenética ancestral pero consideran que esto é debido a que permaneceron aislados xeográficamente durante un longo período de tempo e non formaron parte das iniciativas levadas a cabo polas Asociacións de Criadores, no século XIX, para crear a maioria das razas domésticas  que temos hoxe en día.
Esta diversidade xenética ten que ver tamén, cos movementos humanos. O can como animal de compañía só ten 2.000 anos de historia, anteriormente eran empregados para realizar traballos específicos.Tanto o aspecto, como o compartamento dos cans actuais é moi diferentes ao dos seus antepasados hai só uns poucos centos de anos.

María Cerreda Pereira nº8 1ºD

Fragas do Eume


Traballo realizado por Vera Pérez Rodriguez e Paula Trigás Vázquez