Ao parecer segundo un estudo publicado no 'Journal of Neuroscience' polos investigadores da Universidade de California nos Ánxeles (UCLA) e da Universidade de Toronto, as focas saben durmir na auga poñendo en modo «sono» a metade esquerda do seu cerebro mentres que a parte dereita segue en vixilancia.
Este estudo
consistiu en identificar as substancias químicas que permiten manter unha parte
do cerebro en vixilancia e a outra parte durmindo. A principal
autora do estudo, a doutora Jennifer Lapierre, descubriuno medindo os cambios
que afectaban as diferentes substancias químicas no cerebro. A investigadora
constatou que o nivel dun neurotransmisor importante, estaba baixo a parte durmida
e elevado na parte esperta, o que fai pensar que esta substancia estimula a
actividade desta última.
Ao mesmo tempo,
os investigadores observaron con sorpresa que outra substancia importante, a
serotonina, mantiña a mesma tasa tanto cando a foca estaba durmida como cando
estaba esperta, mentres que os biólogos pensaban que ésta era a responsable da
estimulación do cerebro.

Estes
descubrimentos, a certa xente pódelles parecer pouco importantes pero se nos paramos a pensar, poden ter unha certa importancia para os humáns, xa que permiten avanzar a investigación sobre os mecanismos do sono. Un 40% dos
estadounidenses sofren problemas de sono, segundo revela outro dos autores do
estudo, Jerome Siegel, do Instituto de Investigacións sobre o Cerebro da UCLA.
Enlaces:
Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach.D