lunes, 17 de marzo de 2014

Vivir na Lúa


O físico Stephen Hawking declarou que nos próximos 100 anos o home fará asentamentos na Lúa e mais en Marte, ainda que para o último caso teremos que esperar ata 2100.


Isto foi o que formulou na entrevista ao programa científico Planet, insiste en que dentro de 50 anos os asentamentos na Lúa son mais que probables e  se nese tempo non somos capaces de colonizar outros planetas o ser humano enfrontarase a unha inminente extinción.
O noso planeta, con recursos finitos e con población cada vez maior quédasenos pequeno e para afrontarnos ás ameazas que isto supón debemos de ir planteándonos a idea deste novo e incrible destino.

Fontes:
http://www.abc.es/ciencia/20140317/abci-stephen-hawking-humano-extinguira-201403171917.html

Pilar Veloso Trigo - 1ºC

DETECTAN POR PRIMEIRA VEZ ONDAS PROCEDENTES DO BIG BANG



 Astrónomos do Centro de AstrofísicaHarvard-Smithsoniano coa axuda do telescopio BICEP 2, que se atopa instalado na  base antártica Amundsen Scott no Polo sur, onde recolle a enerxía fósil do Big Bang (que tivo lugar fai 13.800 millóns de anos) descubriron por primeira vez as ondas gravitacionales que percorreron o Universo primitivo, durante un periodo explosivo de crecemento chamado inflación.

 
Telescopio BICEP 2


As teorías da inflación cósmica din que o cosmos se expandía por 100 billóns de billóns de veces nun abrir e pechar de ollos, é por iso que os investigadores buscaron a evidencia máis directa desta inflación en forma de ondas gravitacionales as cales están producidas por un modelo de luz polarizada chamado polarización “en modo B” sendo o equipo do BICEP 2 o que asumiu o reto no mellor sitio de observación da Terra: o Polo Sur. Comezou no ano 2006 e que agora obtén a confirmación máis importante de dita teoría.

            Os expertos indicaron que a clave o éxito foi o uso de detectores superconductores novos que cando se arrefrían permiten que a corrente eléctrica flúa sen resistencia e que combinan as propiedades da superconductividad con estruturas pequenas que só se poden ver cun microscopio. 
Son as primeiras imaxes de ondas gravitacionales , ondas que se describiron como os
primeiros temblores do Big Bang, y que era un dos obxetivos mais importantes da cosmoloxia actual.


O novo rostro do Big Bang

Fontes:
http://www.elconfidencial.com/tecnologia/2014-03-17/detectan-por-primera-vez-ondas-procedentes-del-big-bang_103318/
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/03/17/actualidad/1395070473_494711.html
          

Patricia Pérez Froufe 1º Bach A