Mostrando entradas con la etiqueta CERN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CERN. Mostrar todas las entradas

viernes, 22 de noviembre de 2013

NEUTRINOS EXTRATERRESTRES ECONTRADOS NO POLO SUR

Investigadores de Estados Unidos constrúen un cubo dun quilómetro por un quilómetro enterrado a 2.500 metros de profundidade baixo o xeo da Antártida para observar os neutrinos que chegan dende o Universo. Este cubo, chamado IceCube, esta formado por 276 científicos de diferentes países, que por primeira vez detectaron neutrinos (un tipo de partículas subatómicas que poden xerarse no Sol, en fenómenos astrofísicos como o Big Bang, o CERN ou nas centrais nucleares) cunha alta enerxía procedentes de afastadas galaxias.

  neutrino de máis alta enerxía captado no observatorio IceCube


O que nos pode achegar este descubrimento é que se poida extraer información dos devanditos neutrinos para facer Astronomía. Este achado, compárano algúns dos investigadores coa primeira vez que utilizamos os raios X ou a radiación Gamma, dúas técnicas que revolucionaron a astronomia moderna.

Detectáronse 28 neutrinos, parecerán poucos pero o que nos interesa é a súa enerxía que é millóns de veces superior aos neutrinos solares ou da Supernova. Grazas á creación do IceCube temos un observatorio para poder detectar estes neutrinos que nos abre unha porta para a exploración do espazo.



Conseguismos capturar eses neutrinos cuns buratos, nos que se deslizan unhas cordas cuns detectores do tamaño de pelotas de baloncesto. Son esas esferas as que conseguen detectar os sinais dos neutrinos. Dous dos neutrinos teñen unha enerxías por enriba dos 1.000 millóns de MeV. Tan importantes son que lles puxeron un alcume: Ernie e Bert (Epi e Blas).





-Un dos buratos do IceCube, taladrados no xeo.




miércoles, 29 de mayo de 2013

OS DESCUBRIDORES DO BOSÓN DE HIGGS, PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DE INVESTIGACIÓN

 O físico teórico británico Peter Higgs e o belga François Englert, que formularon a existencia da partícula subatómica na orixe da masa de outras partículas e o Centro Europeo de Física de Partículas (CERN), que confirmou a súa existencia o pasado ano, obtiveron o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica.
   Englert por unha parte, xunto ó físico belga Robert Brout -xa finado-, e Higgs, pola súa, predixeron en 1964 ó mesmo tempo e de maneira independiente a existencia do que se popularizou como bosón de Higgs, a partícula coa que interactúan outras que fai que, nese mecanismo, adquiran unha masa determinada. Case 50 anos despois, o Centro Europeo de Física de Partículas (CERN) anunciou en xullo pasado a confirmación experimental de que o bosón existe.

                           
 
   O xurado incidiu en que os traballos pioneiros de Higgs e de Englert e Brout estableceron a base teórica da existencia do chamado bosón de Higgs, a partícula que "completa o Modelo Estándar, que describe os componentes fundamentais da natureza e é responsable de que certas partículas elementais posúan masa."
   Durante case medio século, os esforzos para encontrar o bosón de Higgs resultaron infructuosos debido ás enormes dificultades experimentais que ten a súa detección precisa e inequívoca" destaca a acta do xurado, no que se califica de "hito histórico" que puidese ser identificado o pasado ano polos detectores Atlas e CMS do acelerador de partículas LHC do CERN, un hito histórico para toda a comunidade científica.
   O 4 de xullo pasado, medio século despois de conxeturarse a súa existencia, descubriuse a partícula de Higgs. O achado foi realmente importante: desde ese momento coñeceuse un pouco mellor como funciona o universo. Fixo falla construir o máis potente acelerador de partículas, o LHC, dous colosais detectores e o traballo e entusiasmo de miles de físicos e inxeñeiros de todo o mundo volcados na investigación.
   O descubremento do bosón de Higgs constitue un exemplo emblemático de cómo Europa liderou un esforzo colectivo para resolver un dos enigmas máis profundos da física.

Enlaces: 
http://www.europapress.es/ciencia/noticia-padres-boson-higgs-premio-principe-asturias-20130529115701.html
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/05/29/actualidad/1369821615_389938.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/29/ciencia/1369820255.html

       Francisco Rodríguez Valencia, 1º Bach "A".

domingo, 19 de mayo de 2013

Físicos do LHC crean a gota de auga máis pequena do mundo.


Ten un tamaño de tres a cinco protóns e inflúe como a sopa primordial do Universo.

Son 100.000 veces máis pequenas que un átomo de hidróxeno ou cen millóns máis pequenas que un virus. Os investigadores obtuvieronas chocando protóns con ións de plomo a velocidades cercanas á da luz no Gran Colisionador de Hadrones (LHC).
Estas gotiñas fluen de forma similar a como o fai o plasma quark-gluón, un estado da materia que é una mezcla das partículas subatómicas que compoñen os protóns e os neutróns,e que só existe a temperaturas e densidades extremas. 
300 partículas fluen xuntas
Os investigadores levan unha década tratando de recrear o plasma quark-gluón ó colisionar núcleos de ouro no Laboratorio Nacional de Brookhaven. Este exótico estado da materia créase cando os núcleos chocan e volcan unha parte da súa enerxía no espacio entre eles. Cando se libera a enerxía suficiente, algúns dos quarks e gluones nas partículas colindantes fúndense xuntos para formar o plasma. 
Fontes de información:
Carlos Álvarez Sabucedo, 1ºBach. A.


miércoles, 27 de marzo de 2013

Aeroxel de grafeno: O material máis lixeiro


Aínda que o termo de “aeroxel” non debería aplicarse, axúdanos a visualizar cales son as propiedades de esta creación. É unha espuma baseada en nanotubos de carbono conxelados en seco e láminas de óxido de grafeno, a cal se lle quita o osíxeno mediante un proceso químico. O equipo responsable foi o de científicos da Universidade de Zhejiang (Hangzhou, China).
A lista de aplicacións deste material extraordinariamente liviano é cada vez máis grande, incluso pódese considerar un material máxico, algo irónico tendo en conta que é un dos descubrimentos máis importantes da ciencia moderna.
Cunha densidado de 0,16 miligramos por centímetro cúbico, é tan lixeiro que pode ser colocado sobre unha flor de cerezo sen danala.

O GRAFENO:

Por si só, o grafeno ten unha densidade de 0,77 miligramos por metro cadrado.
É un material novo, e non só o máis delgado que se obtivo ata o momento senon que tamén é o máis forte. Ademáis, é completamente transparente.
Entre as súas numerosas propiedades podemos  atopar algunas coma a alta condutividade térmica e eléctrica, elasticidade, dureza e resistencia (sendo o máis resistente do mundo ata agora atopdo), soporta a radiación ionizante e é moi lixeito, coma a fibra de carbono pero máis flexible.

O grafeno pode reacionar químicamente con outras sustancias para formar compostos con diferentes propiedades, o que o dota dun gran potencial de desenvolvemento.
Grazas a todas estas propiedades, o grafeno convertirase nun produto con múltiples aplicacións e incontables beneficios para a sociedade.
Na industria, as principais aplicacións serán:
A blindaxe, pola sua propiedade de dureza xa citada




Na informática parece ser o material máis prometedor, pois preténdese construir ordenadores moito máis rápidos xa que os transistores deben soportar tensións ademais de ter propiedades eléctricas e este material tamén eé capaz de soportar a calor á que se exponen estes elementos.
En investigación, os físicos están tratando de construir un acelerador de partículas en miniatura como o do CERN,xa que este ocupa kilómetros cadrados. Así, nun fragmento de grafeno dun centímetro cadrado é posible realizar moitos dos experimentos que ata agora se realizarron en laboratorios como o do CERN e, se isto se convirte en realidade, poderan facelo nun laboratorio que cabe na xema dun dedo
Outros campos onde se pretende introducio o emprego deste novidoso material son electrónica, aviónica e enerxía.




Fontes de información:


http://www.abc.es/ciencia/20130325/abci-aerogel-grafeno-material-liviano-201303251055.html
http://grafeno.com/principales-usos-del-grafeno-en-la-industria/

http://www.jdsoyyo.es/ciencia/2011/10/15/las-multiples-aplicaciones-del-grafeno/




Alba Cortés Coego
1º Bacharelato A

sábado, 27 de octubre de 2012

Un mozo galego de 28 anos na elite do CERN

A tese de Xabier Cid acadou o máis alto recoñecemento. O seu traballo, defendido onte en Santiago, chegou a novos resultados para o LHCb, un dos catro grandes experimentos instalados no Gran Colisionador de Hadróns, o LHC, o maior acelerador de partículas do mundo, ubicado baixo terra en Xenebra (Suíza).
Espero que isto vos anime aos que lle guste a Física!

sábado, 14 de julio de 2012

Un descubrimento histórico

O CERN o día 4 de xullo anunciou que os científicos acaban de escribir un capítulo crucial na historia da Física, ao descubrir unha nova partícula subatómica que confirma con máis dun 99% de probabilidade a existencia do bosón de Higgs, coñecido popularmente como a 'partícula de Deus', un achado fundamental para explicar por que existe a materia tal e como a coñecemos.

No centro da imaxe da dereita o físico Peter Higg (83 anos) o día 4 de xullo no CERN,

Cos resultados presentados, a existencia do bosón de Higgs -a partícula subatómica teorizada polo físico británico Peter Higgs nos anos sesenta, e que supón o único ingrediente do Modelo Estándar da Física que aínda non se demostrou experimentalmente- é practicamente un feito.

sábado, 9 de junio de 2012

Einstein tiña razón.


O equipo do CERN, que o pasado ano revolucionou o mundo da ciencia cun experimento que suxería cos neutrinos eran máis veloces ca luz, han confirmado este vernes (8 de Xuño) que o seu traballo contiña erros. En concreto, tratouse dun fallo nos intrumentos de medicións (o cabel da fibra óptica que transportaba o sinal do GPS ao reloxo principal do experimento estaba mal conectado).
Según han explicado este vernes na conferencia internacional sobre fisica de neutrinos e astrofísica, as novas medicions realizadas nos cuatro experimentos do laboratorio demostran que a Teoria da Relatividade tamén é válida para estas partículas subatómicas.

Jennifer Armada Ferreiro, nº3 1.D BACH.

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Científicos do CERN din ter atopado probas da existencia do Bosón de Higgs.

Os físicos comezan a recoller os froitos dunha das investigacións nos principais detectores no gran acelerador europeo de partículas onde teñen atopado sinais da presenza do Boson Figs.
A conferencia, que tivo lugar o 13 de decembro deste ano no auditorio principal do Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN), onde non había lugar baleiro en todo o auditorio, tivo simultaneamente comentarios nas redes sociais e non deixaron de facelo en ningún momento, xa que cada frase, cada xesto, cada palabra dos oradores foi "twiteada" por un dos centos de físicos que enchían a sala.
Os portavoces para os dous experimentos, Fabiola Gianotti e Guido Tonelli, explicaron durante máis de dúas horas como foron capaces de atopar o que podería ser a partícula:
”Cando dous protóns, acelerados ao 99,9 por cento da velocidade da luz en direccións opostas, chocan dentro do acelerador, tras a caída, provocan unha "fervenza" de eventos durante o cal crean numerosas partículas e algúns deses eventos podería corresponder ao bosón de Higgs”.

Sen embargo nin Gianotti nin Tonelli aínda non se atreveron a afimralo con total seguridade. Será necesario analizar máis eventos como os atopados ata agora para poder afirman a existencia do Boson de Higgs.

Fontes: http://www.abc.es/20111214/ciencia/abcp-boson-higgs-particula-clave-20111214.html

Jennifer Armada Ferreio, nº3 1º Bach.D

viernes, 28 de octubre de 2011

Hasta dentro de un año no se sabra si los neutrinos viajarán más rápido que la luz.

Según el astrofísico David Spergel, no se podrá saber si el experimento que supuestamente demostró que los neutrinos podían viajar más rápido que la luz, hasta dentro de un año.Este astrofísico explicó que en el año 1987 hubo una explosión de una supernova que tras desintegrarse se convirtió en fotones y neutrinos.Según la NASA, estas partículas llegaron juntas y si los neutrinos tuviesen una velocidad mayor a la de la luz deberían llegar tres años antes que los fotones y no lo hicieron. Este descubrimiento fue publicado por un laboratorio italiano (Gran Sasso) y ahora, según Spergel, otros laboratorios deben corroborar si es cierto o falso, como por ejemplo en Japón, que en una año se podrá saber si esta teoría es cierta o falsa.
Según Spergel hay que dudar de todas las teorías ya que tienen que convencer a toda la comunidad científica con sus argumentos.







Noemi Basalo 1º Bach. E.

domingo, 8 de mayo de 2011

Físicos, logran atrapar antimateria durante un tempo record

O equipo capturou 300 átomos de antihidrógeno durante 1.000 segundos, unha fazaña científica que pode axudar a entender a formación do Universo.

No mes de novembro, a revista Nature publicaba un sorprendente logro científico, na que uns investigadores capturaban e almacenaban antimateria. Algo así non fora posible na vida real, ata que un grupo internacional de físicos, por primeira vez na historia, lograban atrapar brevemente, 38 átomos de antihidrógeno nas instalacións do CERN.
O mesmo equipo deu un paso adiante e confinou 309 átomos, tamén de antihidrógeno, durante 1.000 segundos. Trátase dunha cantidade aínda pequena para pór en marcha un electrodoméstico, pero aumenta as posibilidades de ampliar os nosos coñecementos sobre a orixe e a formación do Universo.


Para máis información:
http://www.abc.es/20110506/ciencia/abci-fisicos-logran-atrapar-antimateria-201105061156.html


Feito por: Yurema Seara Núñez 1ºB

domingo, 1 de mayo de 2011

Detectouse xa o Bosón De Higgs?


- O pasado martes, extendeuse por internet o rumor de que os físicos do LHC, detectaron por PRIMEIRA VEZ o Bosón de Higgs, un dos obxectivos mais importantes da Física contemporánea.

O rumor provén dunha nota interna dun investigador do Atlas.

Esa nota fala da observación dunha resonancia nos 115 GeV, ese sería fenomeno para poder falar que se encontrou o Bosón de Higgs.Esta imaxe mostra unha simulación que se espera observar ao encontrar o Bosón.








Simulación do Bosón de Higgs
- James Gillies, portavoz do CERN asegurou que a nota é certamente auténtica. Se finalmente lograse probar a súa existencia, o Bosón de Higgs podría dicir porque a materia posee esa extraña propiedad a que chamamos masa.


Feito por: Manuel Lorenzo Tallón 1º C BACH
Para máis información


jueves, 18 de noviembre de 2010

O CERN logrou atrapar antimateria

Por primeira vez no CERN lógrase crear e atrapar antimateria, concretamente a súa forma máis sinxela: o antihidróxeno. A Organización Europea para a Investigación Nuclear produciu estos átomos nun baleiro e mantívoos viables nunha décima de segundo.


O CERN xa producira átomos de antimateria en grandes cantidades no ano 2002, como xa sabedes, pero non se lograra atrapalos (mediante campos electromagnéticos) por completo. Isto permitirá estudalos por primeira vez.




Tamara Fernández, 1ºC

O CERN atrapa antimateria por primeira vez

Un equipo do Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN) captura por primeira vez átomos de antihidróxeno, que é a forma máis sinxela de antimateria. Estes conteñen carga inversa á materia normal e cando entran en contacto aniquílanse. Despois do Big Bang, existía cantidades igual de materia e antimateria, pero por causas que se descoñecen a materia impúxose permitíndonos estar hoxe aquí.
O CERN xa producirá antimateria en 2002 pero nunca chegara a creala, e agora os investigadores do experimento ALPHA lograron manter a 38 átomos de antihidóxeno durante unha décima de segundo.
Agora os inventigadores intentarán manter a antimateria por moito máis tempo para permitir o seu estudo e comprobar se se confirma a teoría que rixe a física de partículas.

Experimento ALPHA


Ventana externa


Feito por Iván Gallego Gómez 1º Bacharelato A

miércoles, 10 de noviembre de 2010

Colisións de átomos de chumbo no LHC

O pasado xoves 4 de novembro anunciouse dende o CERN as primeiras colisións de chumbo. De maneira técnica, é un gran avance, xa que pasar de usar protóns a átomos de plomo desprovistos de electróns supón un gran aumento da operatividade do acelerador. É de destacar que dende o abandono do uso de protóns a estas colisións so pasaron 4 días.
Debido a colisión de estructuras atómicas máis complexas (cada átomo de chumbo posúe 82 protóns), a enerxía liberada é moito maior, chegando a un total de 287!!! teraelectronvoltios. O experimento aínda que semella parecido nas primeiras etapas, pronto obsérvanse os novos cambios, xa que os parámetros que seguen as colisións son novos e deben calcularse para cada feixe de ións, coa axuda dos detectores ALICE, ATLAS e CMS.
Os principais obxectivos deste experimento é averiguar a composición da materia nos primeiros instantes do universo, tan só un instante despois do Big Bang . Así mediante as colisións se producen cantidades moi pequenas do plasma primixenio formado por quarks e gluóns que constitúiu o universo un chisco despois do Big Bang.
Esta serie de experimentos continuarán realizándose ata o 6 de decembro, cando comeza o parón de 3 meses que require o LHC por causas de mantenemento. Reabrirase en febreiro de 2011.




Se entendedes ben inglés aqui se explica porque se usan átomos de chumbo e non de outro elemento.
Juan Ozaita Corral 1º Bacharelato A
Máis información en :
http://www.muyinteresante.es/un-pequeno-qbig-bangq-en-el-lhc

martes, 26 de octubre de 2010

Unha ourensá no CERN

A ourensáTeresa Fonseca cóntanos no seguinte video cal é o obxectivo do detector ATLAS e o por que se trata de atopar o bosón de Higgs.

viernes, 22 de octubre de 2010

Gran colisor de Hadróns (LHC)

Recoméndovos que vexades o traballo realizado no curso 2009-2010 por Diana Babarro Rodríguez, na materia Ciencias para o Mundo Contemporáneo.







Editado por Carmen Cid Manzano