domingo, 31 de agosto de 2014

O fármaco contra o ébola ZMapp demostra a súa efectividade en primates.

O fármaco experimental contra o ébola ZMapp demostrou unha efectividade do cen por cen na recuperación de dezaoito primates infetados co virus, segundo un estudio dirixido pola Axencia da Saúde Pública de Canadá.



Os investigadores administraron tres dosis de suero, en intervalos de tres días, a exemplares de macacus rhesus, cunha fisioloxía moi parecida á humana. Aínda que algúns animais comezaron o tratamento nunha fase avanzada da enfermidade, todos sobreviviron.

Polo contrario, os tres exemplares do grupo control que non recibiron o fármaco, morreron ao oitavo día. Ante a epidemia do ébola en África Ocidental que causou xa máis de 1500 mortes, este fármaco en fase de experimentación (un cóctel de tres anticorpos) foi administrado a varios pacentes, entre eles dous estadounidense que se recuperaron tras recibir o tratamento. Sen embargo, outros dos pacentes tratados con ZMapp non sobreviviron, entre eles o relixioso Miguel Pajares. Os investigadores cren que a efetividade do tratamento depende en gran medida do avanzada que esté a enfermidade.

Polo momento non se pode asegurar que este fármaco poda acabar co virus. Como xa vimos, non existe ninguna vacina aprobada para combatir o ébola, polo que o control da epidemia limitouse a ciudadanos paliativos e ao establecemento de barreiras para tratar de evitar novos contaxios.

Esta investigación permite soñar con fin da enfermidade, e ver por fin unha solución ao virus que está contaxiando a gran parte do continente Africano. Gary Kobinger, o patólogo da axencia pública canadiense que dirixiu os experimentos, sinalou nunha roda de prensa que o medicamento podería estar listo para o seu uso en humanos en menos de dous anos.

Fonte de información: http://www.rtve.es/noticias/20140829/farmaco-contra-ebola-zmapp-demuestra-100-efectividad-primates/1002141.shtml

Rebeca González Pérez, 1º Bach. D

O desenvolvemento do primeiro avión transparente

O Centro para a Innovación de Procesos en Reino Unido, está a desenvolver un proxecto con o cal poderase revolucionar o sector da aviación comercial.
Trátase dunha tecnoloxía que permitirá crear aeronaves que en lugar de ventás, tendrán unha serie de pantallas que recollerán as imaxes do cielo en pleno voo, é dicir, en tempo real.

Esta nova tecnoloxía dará ao pasaxeiro a sensación de encontrarse nun "avión transparente", o que podería revolucionar a maneira de viaxar. Ademáis do encanto visual, axudaría a reducir o peso do avión e polo tanto, disminuir o consumo de combustible.



O seu funcionamento é a partir da utilización de "tintas condutoras" que permiten a impresión electrónica, unha tecnoloxía relativamente barata, cuxos usos tense planeado en diversas áreas como son os frascos de comésticos, ata nos envases de medicamentos que podería indicarlle ao pacente como está conformado o fármaco, a hora que debe tomalo, etc.

O deseño de areonaves sen ventás como método de aforro de combustible sólese utilizar para os servicios comerciais, como o destinado ao transporte de mercancías. Os novos modelos de Airbus para o ano 2050, nos que se eliminarán as ventás para deixar ao descuberto o teito e os laterais, tamén inciden neste concepto.

Unha empresa aeroespacial estadounidense anunciou os seus plans para incluir os primeiros modelos de cabina sen ventás no seu modelo Spike S-512 Supersonic Jet, que comezará a operar no ano 2018.


Fonte de información: http://www.informador.com.mx/tecnologia/2014/546003/6/desarrollan-primer-avion-transparente.htm

Rebeca González Pérez, 1º Bach. D

viernes, 29 de agosto de 2014

Procesos comúns entre o ADN humano, da mosca e do gusano

Para a información sobre os seres vivos están sendo un xerador importantísimo  as técnicas de secuenciación xenómica e os estudos de xenómica comparativa. Estase tratando de dar respostas a moitas das preguntas que hoxe en día aínda non as teñen, para iso diferentes proxectos tratan de deseñar o ADN humano e doutras especies para poder coñecer a súa base molecular. Ainda que o efecto na sociedade  tardará anos, esta semana publica a revista Nature cinco estudos que serán un referente para moitos científicos de todo o mundo.

Son estudos elaborados a partir de dous proyectos científicos:
  •       o ENCODE (2003)  establece a enciclopedia dos elementos do ADN humano.    
  •       o modENCODE(2007) xera un catálogo dos elementos funcionais da mosca da fruta e do xenoma do gusano.

Estos dous proxectos  añadiron datos das tres especies que foron  moi estudiadas en investigación  e moi distantes na evolución.Ambos han sido financiados  polo Instituto Nacional de Investigación del Genoma Humano, que forma parte dos Institutos Nacionales de Salud de Estados Unidos.

Descubriuse nun estudio comparativo un patrón xenético de expresión das tres especies, particularmente dos xenes involucrados no desenrolo, neste estudio utilizaronse mais de 67.000 millóns de secuencias xenéticas.




Según explica a El Mundo Sarah Djebali co-autora deste traballo e investigadora no Centro de Regulación Genómica en Barcelona "O que encontramos son un conxunto de xenes que parecen funcionar ao mesmo tempo en cada animal no seu desenrolo embrionario e de manera común. Esto confirma  una hipótese que había sobre o tema, que establecía que hai un momento no desenrolo embrionario onde a expresión dos xenes é igual en todos os animais. Serían como os xenes que son a base da vida"

Desta forma moscas, gusanos e homes comparten programas de apagado e encendido de xenes dunha maneira coordinada, é dicir, utilizan un patrón como método para expresar xenes que ademáis de funcionar en paralelo con cada unha delas son necesarios para o desenrolo.
Para poder aplicar ese coñecemento a mellorar a comprensión da bioloxía humana e das enfermidades, os investigadores tendrán que aprender as reglas da expresión xenética a medida que os organismos van desenrolandose.

Por outro lado, o grado de activación dos xenes para fabricar proteínas ou non podería predecirse en función dos características da cromatina e das histonas. Segundo explica Djebali "As histonas son proteínas que axudan a compactar ao ADN, é dicir, a empaquetalo de tal maneira que poida caber no núcleo da célula. As modificacións nas histonas -o epigenoma- son moi importantes tamén na expresión dos xenes. Descubrimos que podemos predecir a expresión dos xenes a partir da actividade das histonas"

Descubriuse que hay zonas do ADN que conteñen moita actividade e no que está involucrado un tipo de ARN que non se coñecía ata agora. Djebali sosten que ainda non se sabe moi ben como funcionan as proteínas encontradas; unha vez que se sepa entederemos como funciona o ARN.

Eric Green(director do Instituto Nacional de Investigación del Genoma Humano) afirma que todo o coñecemento logrado ata agora axuda de gran maneira a mellorar os nosos coñecementos sobre a bioloxía humana.

O traballo destes dous proyectos da para moito mais. Estos estudios van dende análisis mais profundos dentro dunha ou mais especies, a métodos de desenrolo ou investigacións sobre procesos biolóxicos particulares.



                                                Nuria Vila Seijas Nº30 1ºBach-D

jueves, 28 de agosto de 2014

Un pez desvela o salto da vida acuática á terrestre

Fai aproximadamente catrocentos millóns de anos, un grupo de peces comezou a explorar a terra, dando lugar aos tetrápodos anfibios, que máis adiante convertiríanse nos anfibios, aves e mamíferos de hoxe en día. Sen embargo, a evolución anatómica da vida marina hacia a terrestre segue sendo un misterio para os científicos.


Para saber máis sobre este cambio, os investigadores da Universidade McGill (Canadá) estudaron ao Polypterus senegalus, un pez africano coa capacidade de respirar fóra da auga e "camiñar" na terra, algo moi parecido ao que sucedía cos antigos peces que evolucionaron a tetrápodos.

O exemplar de Polypterus foi trasladado a vida terrestre durante casi un ano para ver a súa evolución. O pez mostrou cambios anatómicos e condutales significativos. Camiñou de forma eficaz sobre a terra colocando as aletas pegadas ao seu corpo e erguendo a cabeza. O seu esqueleto pectoral fíxose máis alargado con unións máis fortes a través do seu peito, posiblemente para incrementar o apoio ao camiñar. Tamén observouse unha disminución do contacto co cráneo para permitir potencialmente un maior movemento da cabeza ou do pescozo.

A investigación que adaptou a este pez a vida terrestre é única. Sen dúbida este experimento ofrece novas ideas sobre cómo os peces fósiles puideron utilizar as súas aletas nun ambiente terrestre e qué procesos evolutivos estaban en xogo.

Fonte dinformación:

Rebeca González Pérez,1º Bach.D

Un fármaco para a esclerosis múltiple supera a primera fase dos ensayos

A esclerosis múltiple é unha enfermidade dexenerativa. Consiste nunha destrución da mielina (a cuberta dos nervios) por un funcionamento anormal do sistema inmunitario, e ten como consecuencia que os sinais do cerebro non chegan ao seu destino. Por iso maniféstase de xeitos moi variados (problemas de visión, de coordinación, de memoria, debilidade muscular, pinchazos, tics). Non ten cura e só pódense prescribir terapias paliativas durante brótelos ou como mantemento. Por iso un fármaco que supere a primeira fase dos ensaios en humanos é unha boa noticia para os afectados (entre eles, dous millóns de europeos). E iso é o que publicou este mércores na revista Neurology, Neuroimmunology & Neuroinflammation un equipo da Asociación Americana de Neurología.
O traballo é só unha fase I, a que mide a seguridade do medicamento, e quédalle un longo percorrido ata chegar ao uso clínico, pero ten un abordaje novedoso, explican os autores. Ata agora, o que se intenta coas terapias para a esclerosis múltiple é que non volva haber brotes (a enfermidade non actúa de xeito continuo, senón que o fai por episodios intercalados con periodos de estabilidade).
Neste caso atopouse —polo menos nos ensaios con ratas— que se pode interferir na actividade dunha proteína, chamada lingo-1, que bloquea o proceso de reconstrución da mielina dos nervios. O anti-lingo-1, como se chamou ao fármaco, impide esta actuación, o que levou en animais de laboratorio a unha recuperación das funcións nerviosas. O ensaio en persoas, de momento, non arroxou datos respecto diso. Nesta fase se reclutó a 72 persoas sas e a 47 que tiñan a enfermidade nunha fase de non actividade ou con baixa progresión, e, como é habitual nestes ensaios, dividíuselles en grupos para recibir placebo ou diversas doses do medicamento, que se administra inxectado.
O resultado principal do estudo foi que non houbo efectos secundarios de importancia. Pero, ademais, púidose determinar que cantidade de fármaco permitía manter no sangue o nivel óptimo de anti-lingo-1 que se viu en animais que permitían unha regeneración da mielina. Por iso Diego Cadavid, membro da Asociación Americana de Neurología e do laboratorio Biogen que desenvolveu o fármaco, mostrouse optimista: “Con estes resultados podemos empezar os ensaios de fase II para ver si este fármaco pode restituír a mielina e ten efecto na recuperación das funcións físicas e intelectuais”, dixo. Logo quedará un ensaio a gran escala para afinar os protocolos e medir definitivamente a súa eficacia, o que adoita levar anos, salvo que se decidise, como co ébola, que a situación dos pacientes é tan desesperada que se aceleren os prazos ou, directamente, sáltense estes pasos


Ainoha Gómez Cid 1ºD

martes, 26 de agosto de 2014

Que é o ébola?

O ébola continúa sendo unha das principais preocupacións a nivel mundial. A enfermidade afectou gravemente a catro países africanos: Liberia, Nigeria, Guinea e Serra Leona. Sen embargo, todos os países do mundo temen que a enfermidade poda extenderse por outras zonas do planeta, chegando a provocar un elevado número de víctimas.

O Centro de Control e Prevención de Enfermidades (CDC) encargado de monitorizar e controlar a epidemia fala dun brote "sin precedentes por o número de casos e a dispersión xeográfica". A noticia recorreu as televisións de todo o planeta, alentando do risco e do fácil contaxio da enfermidade pero, que é realmente o ébola?



O ébola é un virus con estrutura filamentosa que forma parte da familia dos "filovirus". Este virus infecta o endotelio capilar e a varios tipos de células inmunes, destruíndo o interior do organismo. O tempo de incubación pode durar entre dous e vinte días, provocando, con posterioridade, febres altas, vómitos, e en última instancia hemorraxias. A letalidade deste virus e de ata o 90% xa que aínda non existe unha vacina para combatilo.

Existen cinco especies de ébola diferentes. Todas elas reciben o seu nome dun río cercano ao epicentro do primeiro brote, en República Dominicana do Congo. Polo seu lugar e ano de descubrimento, coñécense como Sudán y Zaire (1976), Reston (1989), Costa de Marfil (1994) e Budinbugyo (2007).

Un dos principais problemas da enfermidade e a súa fácil transmisión. Principalmente o contaxio sole estar relacionado co contato direto co sangue e secreciones de animais o pacentes infetados, estén vivos ou mortos. Aínda que tamén pode transmitirse a través de pequenos fluidos transportados polo aire (saliva principalmente) ou transpirados pola nosa pel (suor).

Por todo elo, a OMS (Organización Mundial da Saúde) traballa para controlar ao persoal médico e interromper a circulación de persoas nas zonas afectadas. Con esto, buscan aislar as persoas dos países con maior número de enfermos e evitar así a súa extensión polo resto do planeta.

Rebeca González Pérez,1ºBach D

lunes, 25 de agosto de 2014

Desenvolven un prototipo de célula para crear vida artificial

Desde o ano 2000, os intentos por comprender a vida e modificala diríxense hacía unha única direción: a de producir vida artificial no laboratorio e poder controlala á voluntade dos científicos.

Pouco a pouco estase a avanzar neste complicado camiño e segundo un artigo publicado esta semana nas revista "Science" científicos do Instituto Weizmann (Rehovot, Israel), xa conseguiron facer unha reprodución artificial e en miniatura dun grupo de células e imitar o seu funcionamento. Máis concretamente, conseguiron introducir dous xenes, secuencias de ADN, e obter proteínas.



O seu diseño consiste nunha rede de pequenos compartimentos unidos por capilares, que son uns pequenos condutos que permiten o tránsito de nutrientes e outras substancias. En cada compartimento os investigadores añadieron estratos de células naturais que tiñan toda a maquinaria necesaria para producir proteínas. Cando introducían os xenes, toda esa maquinaria lía a información que contiñan e producían as proteínas correspondentes.

De funcionar, poderíase producir calquera proteína neste sistema artificial. Esto podería servir para comprender os procesos biolóxicos básicos e no futuro axudaría a sintetizar proteínas específicas para facer combustibles, medicamentos, produtos químicos ou enzimas de uso industrial.

Polo momento só probaron con dous xenes cada vez, pero pretenden ir máis alá e reproducir redes de xenes que interacionen uns cos outros. De seguir así e como última meta poderían probar con todos os xenes dun organismo. "O obxetivo é diseñar un contido de ADN similar a un xenoma real e colocalos nos compartimentos." Explicou Alexandra Tayar, a estudante que, xunto con Eyal Karzbru, diseñou o sistema.

Sen embargo, a pesar de diseñar un compartimento que da soporte as funcións da célula, os científicos recurriron á maquinaria de células naturais preexistentes e a xenes extraídos destas, polo que aínda non se pode falar nin moito menos de auténticas células artificiais.


Rebeca González Pérez,1º Bach.D

sábado, 23 de agosto de 2014

Vida nas profundidades da Antártida

Encontrase a 800 metros da capa de xeo do lago subglacial Whillians un ecosistema microbiano que según os investigadores poden ter implicacións para a vida noutros ambientes, tanto na Terra como noutros lugares do Sistema Solar. Este proxecto foi bautizado como  WISSARD e fixo historia en xaneiro de 2013, no que utilizaron unha tecnoloxía de perforación para acceder ao Whillians onde puideron recoller mostras de auga e sedimentos de augas cristalinas que foran illadas por miles de anos do contacto directo ca atmosfera. Segundo John Priscu (un dos científicos do proxecto), este lago é "unha das maiores áreas húmidas do mundo que está totalmente dominado por microorganismos".

Anteriormente xa fora cuestionado por mor do potencial de contaminación dos hidrocarburos que se desprenderían durante a perforación. Sen embargo foron autorizados a recoller mostras sen este perigo coa técnica utilizada en WISSARD.
Os investigadores examinaron as mostras de auga e sedimentos deste lago que foron apoyados pola NASA e pola NFS. Os autores deste proyecto publicado na revista Nature durante a análisis detectaron que este ambiente extremo sustenta ecosistemas microbianos vivos e diversos que soportan a escuridade e as temperaturas baixo cero.

Tamén foi descuberto que os organismos extraían enerxía das rochas mediante dióxido de carbono como fonte de carbono. Brent Christner, autor principal da investigación, que confirmou por primeira vez  máis dunha década de especulación sobre a vida neste ambiente, dixo que "hai unha parte inexplorada escondida baixo case un kilómetro de xeo na Antártida. WISSARD conseguiu proporcionar unha visión sobre a natureza da vida microbiana que pode vivir baixo mais de cinco millóns de kilómetros cadrados da capa de xeo ".


Mikucki, outro científico do proxecto dixo: "debido a que a Antártida é un continente microbiano , a exploración por debaixo de súa espesa capa de xeo pode axudar a entender como a vida evolucionou para sobrevivir na fría escuridade. Espero que os  nosos resultados motiven máis investigacións sobre o papel destes microorganismos extremos no funcionamento do noso planeta e outros mundos xeados do noso  sistema solar.




Fonte: 


                                                     Nuria Vila Seijas Nº30 1ºBach-D

viernes, 22 de agosto de 2014

Os dous estadounidenses tratados cun suero experimental superan o ébola


O día de hoxe é un milagre”. Kent Brantly resumía con estas palabras a súa supervivencia ao virus do ébola. O médico de 33 anos e a enfermeira Nancy Writebol, de 59, as dúas primeiras persoas que foron tratadas pola infección en territorio estadounidenses, recibiron ao alta. “Teño sorte de estar vivo e de poder reunirme coa miña familia”, afirmou Brantly, acompañado en todo momento da súa muller.


“Grazas aos coidados do equipo en Liberia, o uso dun tratamento experimental e a experiencia e os recursos do equipo médico no Hospital Universitario de Emory , Deus salvoume a vida”, asegurou Brantly ante os medios. O doutor e Writebol son as dúas primeiras persoas en sobrevivir ao virus do ébola tras recibir o soro experimental ZMapp, aínda que os seus médicos non proporcionaron detalles 
clínicos dos efectos deste medicamento.

A familia Brantly mudouse a Liberia o pasado mes de outubro. “Entón o ébola  non estaba no radar”, explicou hoxe o doutor, pertencente a unha organización humanitaria. Recibiron o primeiro paciente en xuño e, a partir de aí, non cesaron de chegar. Brantly relatou que o seu traballo estivo dividido entre o tratamento de persoas infectadas con ébola  e o adestramento de persoal médico que puidese coidarlles.

A avaliación para darlle a alta realizouse de xeito independente en cada caso, en coordinación co Centro de Control de Enfermidades (CDC) e de acordo coas indicacións da Organización Mundial da Saúde (OMS). Os doutores deberon verificar que non había presenza do virus no sangue nin padecían síntomas durante polo menos tres días. “Tras un rigoroso e exitoso tratamento e probas, determinamos que ambos pacientes recuperáronse da enfermidade do virus do ébola e poden reunirse coas súas familias e regresar á súa comunidade sen preocupación”, dixo Ribner. “Non existe unha ameaza á saúde pública”.

Os estadounidenses foron as dúas primeiras persoas en recibir o ZMapp , que ata entón só fora probado en monos, e que tamén se lle aplicou ao sacerdote español Miguel Pajares, que faleceu. O medicamento non é máis que un cóctel de anticorpos monoclonales desenvolvido inicialmente nun ratón modelo de infección por ébola . Un anticorpo monoclonal é unha especie química homogénea (unha proteína concreta), a diferenza das coleccións complexas de anticorpos, máis ben irreproducibles, que se obteñen extraendo sangue a animais infectados. Os xenes para estes anticorpos foron despois adaptados para o seu uso en humanos (humanizados, na jerga) e transferidos a plantas de tabaco para a súa produción eficaz e barata, informa Javier Sampedro.


A obtención do soro experimental por parte dos estadounidenses, xusto antes de ser repatriados, suscitou numerosas críticas pola falta de acceso aos medicamentos para as vítimas de Liberia, Ghana e Sierra Leoa, onde o virus golpeou máis fuertemente. A empresa de California que o fabrica, Mappbio, informou ademais que as súas existencias están prácticamente esgotadas, polo que a súa entrega de xeito masivo para as poboacións afectadas, ademais de representar un enorme desafío ético e médico, é aínda imposible.


Ainoha Gómez Cid  1ºBach.D. 

lunes, 18 de agosto de 2014

Unha explotación mineira ameaza unha xoia de arte rupestre en Galicia

Cova Eirós (Triacastela, Lugo) alberga a mostra de arte rupestre máis antiga do Noroeste Peninsular documentada ata a data e é un dos yacimientos paleontológicos con restos de oso cavernario máis importantes da Península Ibérica. Pese a estar considerado como a xoia da arqueología e a paleontología de Galicia, diversos colectivos alertan de que o conxunto atópase ameazado. A orixe dese perigo sitúano nunha explotación minera que, tras dez meses paralizada, nas últimas semanas recibiu un controvertido permiso para retomar a actividade.
Cementos Cosmos, do grupo brasileiro Votorantim, explota desde 1978 unha canteira de extracción de roca caliza cuxo fronte norte atopar moi preto de Cova  Eirós e a propia Administración galega recoñece, nun informe de de a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, o "alto risco" que supón para a conservación do yacimiento o uso de explosivos da explotación.

Ao mesmo tempo que asume ese perigo, o mesmo informe emite un dictame favorable á legalización da canteira, sendo un dos documentos nos que se basea o Concello de Triacastela  para darlle permiso de actividade. Tras coñecerse o seu contido, reavivouse a polémica sobre a idoneidad na que a asociación Salvemos Cabana alerta de que Cova Eirós "está seriamente ameazada" pola proximidade da actividade extractiva: o uso de explosivos "deteriorou a integridad da cueva" e aumentaron os niveis de humidade, "que son moi perjudiciales" para a conservación das pinturas rupestres.

Esta ameaza que planea sobre Cova Eirós chegará, ademais, ao Parlamento de Galicia a través dunha iniciativa do partido Alternativa Galega de Esquerda  (AGE), que insta á Xunta de Galicia á inmediata paralización da actividade na explotación baseándose, entre outros argumentos, en que a licenza concedida estaba condicionada ao cumprimento de requisitos previos aos que non se deu resposta.

Respecto diso, a asociación cultural Ou Iribio, que coa súa denuncia había motivo a paralización previa da actividade, pide á alcaldesa de Triacastela , Olga Igrexas, que actúe "de xeito inmediato" para evitar a ilegalidad cometida por Cementos Cosmos tras comprobar que o reinicio dos traballos esta incumpliendo con eses requisitos e condicións de obrigado cumprimento, varios deles previos ao reinicio da actividades.

O colectivo cultural Ou Iribio e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) xa presentaron senllas solicitudes no ano 2012 para que o yacimiento fose declarado Ben de Interese Cultural (BIC) e quedase protexido fronte aos potenciais perigos de Cementos Cosmos. Estas peticións non obtiveron resposta e, mentres tanto, desde o Sindicato.

Labrego Galego, Margarida Prieto Ledo asegura que "xa hai importantes danos" no yacimiento que "están intentando ocultar" e desde Ou Iribio Marcos Celeiro alerta de que se retirou a capa de terra e roca que había sobre a cueva e permitía manter unhas condicións ambientais constantes no seu interior para preservar as pinturas rupestres.


Ainoha Gómez Cid 1ºBach D.