lunes, 7 de julio de 2014

UN NOVO METODO PARA ESTUDAR A ACUMULACIÓN DE CO2 NA ATMOSFERA

A nave da NASA despegou o pasado mércores na Base Aérea de Vandenberg (California), un día máis tarde do previsto, debido a un fallo detectado na circulación da auga no lanzador. Esta nave investigará  a acumulación de dióxido de carbono (CO2) na atmosfera.

Todos os anos, emitimos 40 mil millóns de toneladas de dióxido de carbono na atmosfera, sobre todo a partir de combustibles fósiles. Unha metade permanece na atmosfera, mentres que a outra é convertida en sumideiros de carbono porque é absorbido polos océanos.

Segundo Charles Bolden a NASA é a que máis poder  ten cando se trata de documentar e entender o cambio climático, que é considerado como o maior desafío da nosa xeración.

Algo que preocupa moito é o gas de efecto invernadoiro producido pola sonda que estuda a distribución das emisións de CO2 en Estados Unidos, un dos paises que xera máis emisións. Obama anuncia que o cambio climático será un dos obxectivos da súa administración. O seu obxectivo é que en 2030 estas emisións sexan reducidas en 30% en relación a 2005.

Un informe de científicos cren que o cambio climático xa é evidente en EEUU e asegurou que o cambio climático non é "un problema no futuro, senón do presente"





                                                       Nuria Vila Seijas Nº3O 1ºBach-D