domingo, 23 de enero de 2011

Mañá Luns...

Un investigador Británico, asegura que o peor día dos 365 días do ano para o estado de ánimo, é exactamente o 24 de xaneiro de este ano, ademais é Luns!
Pero... como sabe este investigador isto?
O doutor Cliff Arnalls, mestre na universidade de Cardiff, deseñou unha fórmula matemática para explicar o seu descubrimento:1/8C+(D-d) 3/8xTI MxNA.
Concretamente, a "C" é o factor climático: en xaneiro os días son moito máis grises e fríos no Reino Unido. En España esperase sol, pero temperaturas moi baixas.
A "D" maiúscula representa as deudas adquiridas durante o período navideño. O pago das tarxetas de crédito o final de mes acercase de forma inexorable. Os agasallos, as ceas e comidas fora de casa, as viaxes,a lotería, gastos extra que forzan máis do habitual o estado das nosas contas bancarias.
A "d" minúscula refírese o diñeiro que se cobra en xaneiro e a "T" é o tempo transcorrido dende o Nadal.
A "I" representa o período dende o último intento de deixar un mal hábito: Os bos propósitos ao comezo de ano comenzan a ser arrinconados por moitos: deixar de fumar, ir o ximnasio, manter a liña, ecétera.
Non obstante, as motivacións contan, e o profesor Arnalls as inclúe na súa fórmula ca letra "M". A "NA" , o final, é a necesidade de actuar para cambiar a vida, según o investigador.
Con ista fórmula, dalgunha maneira, calculou que é o 24 de Xaneiro (exactamente un mes despois da Noiteboa) é o día máis terrible do ano.
Pero... será isto certo?


Liliana Villar Whyte 1ºBach A

A fealdade do Homo Neardenthal, non está relacionada co frío





Cientificos rexeitan a hipótese imposta durante anos de que os rasgos de este grupo de humanos, incluida a súa gran nariz, foran unha adaptacion ás baixas temperaturas.

O rostro destes hominidos caracterizábase por ser moi grande e pouco agraciado cuns pomulos saíntes e nariz longa e anchisima.


Durante moitas décadas, os científicos atribuiron esta caracteristicas físicas a unha adaptación evolutiva ó intenso frío dos períodos glaciares, pois os senos nasais grandes son necesarios para quentar o aire que se inhala.

Agora,un grupo de científicos británicos aseguran que atribuir este aspecto, tan diferente do común do home moderno, a unha adaptación ao frío non ten ningún sentido. Traballaron con datos fornecidos por raios X e de tomografía computarizada de cranios de nove neandertais de máis de 28.000 anos de antigüidade e de Homo sapiens de 300 a 1.500 anos. Os científicos utilizaron cranios medievais do Homo sapiens porque querían ter datos anteriores á aparición do aire acondicionado e a calefacción central, que podería alterar os resultados. As conclusións das Investigacións sinalan que os neandertais tiñan seos nasais máis grandes que o home moderno, pero a proporción entre o tamaño do seo e o da cara era a mesma en ambas as especies, isto axudoulles a chegar á conclusión de que os seus rasgos non tiñan nada que ver coa adaptación ao frío.




Os resultados obtidos abren novas incognitas sobre a vida do Homo Neardenthal, o entorno no que vivían e o seu desenvolvemento. É posible que non evolucionaran para sobrevivir na durísima tundra de Europa, senón que quizais estaban acostumados aos climas máis cálidos onde a posibilidade de obter alimento era máis elevada.

Unha investigación publicada recentemente desvelaba que o Homo Neardenthal, ao que se lle atribuira ser consumidor de carne, cocinaba e consumía unha gran variedade de vexetais. Entre os seus dentes atoparonse restos de grans de amidón, raíces e tubérculos.





Para máis imformación:



Tatiana Nespereira Campuzano 1ºBac B

Un ovo aclara o sexo dos pterosaurios




Un día do Xurásico medio, un pterosaurio (bautizado como señora T) rompeu o á esquerda caeu nun lago do nordés de China, onde morreu. O seu corpo quedou depositado no fondo, uns 160 millóns de anos despois foi descuberto e os investigadores non dubidan de que o fósil atopado era unha femia xa que contén un ovo que o animal nunca puxo. Polo desenvolvemento do ovo sábese que esta femia ía polo en cuestión de horas.



O fósil fascinaría ao pai da teoría da evolución, xa que permite identificar machos e femias. Mostra que as femias Darwinopterus tiñan as cadeiras máis anchas que os machos, para facilitar a posta de ovos. A pterosauria, non loce a típica crista que aparece noutros fósiles.





O atributo levábano só os machos para apabullar aos seus rivais ou encandear as femias . A crista servirá agora para distinguir machos de femias en moitas das 140 especies de pterosaurios coñecidas. A crista podería ter usos diferentes segundo a especie. O achado descarta que as cristas axudasen ao voo, aínda pode ser que axudasen a regular a calor.

O fósil da señora T tamén demostra que a sexualidade ptserosauria era de réptil e non de ave. Os seus ovos non tiñan casca dura e estaban moito menos desenvolvidos no momento da posta. Enterrábanos e despois gañaban ata o dobre ou o triplo do seu tamaño antes de que nacese a cría. Ese tipo de reprodución esixía menos esforzo que nos dinosauros, dos que as aves herdaron os seus ovos con casca dura. O que tal vez nunca se saiba é que lle partiu o á, puido ser a erupción dun volcán, pois o fósil conserva cinza.



Para máis información:




Feito por Yurema Seara Núñez 1ºB

As tormentas eléctricas fabrican antimateria




Facendo uso do Telescopio Espacial Fermi de Raios Gamma, da NASA, os científicos detectaron feixes de antimateria producidos por encima das tormentas eléctricas na Terra, un fenómeno nunca antes observado.

Os científicos cren que as partículas de antimateria foron creadas dentro das tormentas eléctricas nun Escintileo de Raios Gamma Terrestre ou DRGT, por as súas siglas en español ou Terrestrial Gamma-ray Flash o TGF, (en inglés). Estímase que diaramente prodúcense ao redor de 500 TGF en todo o mundo, pero a maioría deles non son detectados. Estes sinais son a primeira evidencia directa de que as tormentas eléctricas poden crear feixes de partículas de antimateria", dixo Michael Briggs, onde se presentou este descubrimento o pasado luns nunha conferencia que levou a cabo durante a reunión da Sociedade Astronómica Estadounidense, en Seattle.

O telescopio Fermi está deseñado para monitorizar os raios gamma, que constitúen a forma máis enerxética de luz. Cando a antimateria que golpea a este telescopio choca cunha partícula de materia normal, ambas as partículas son inmediatamente aniquiladas e transformadas en raios gamma. O GBM (Gamma-ray Burst Monitor / Monitor de Destellos de Rayos Gamma) detectou raios gamma con enerxías de 511.000 electrónvoltios, o cal indica que un electrón atopou o seu contraparte de antimateria, un positrón.

Os científicos sospeitaron durante moito tempo que os TGF son producidos polos intensos campos eléctricos nas proximidades da parte superior das tormentas eléctricas. Se as condicións son as adecuadas, din, o campo vólvese o suficientemente forte como para producir unha avalancha ascendente de electróns. Estes electróns de alta enerxía, que alcanzan velocidades próximas á da luz, despiden raios gamma cando son desviados polas moléculas de aire. Usualmente, estes raios gamma son detectados como un TGF.

Os resultados proporcionados polo telescopio Fermi lévannos un paso máis preto no camiño para entender como é que funcionan os TGF Aúnque aínda falta descifrar que é o que fai especial a estas tormentas eléctricas e ao papel específico que xogan os relámpagos no proceso.

feito por Antia Arias Garcia 1ºB