martes, 6 de mayo de 2014

¿Estamos preparados para un contacto extraterrestre?


O Instituto SETI pretende enviar sinais para que os alienígenas descubran a posición da Terra, unha decisión que cuestiona un investigador da Universidade de Cádiz tras comprobar o descoñecemento xeral que existe sobre o Cosmos e a influencia da relixión.

O proxecto de busca de intelixencia extraterrestre (SETI) é unha iniciativa que comezou nos anos 70 co patrocinio da NASA, pero que evolucionou cara a unha colaboración de millóns de internautas para o procesamento dos datos do radiotelescopio de Arecibo (Puerto Rico), co que se efectúa o rastrexo espacial.
Agora os membros deste controvertido proxecto pretenden ir máis alá e non só buscar sinais alienígenas, senón envialas tamén dende a Terra de forma activa (active SETI) para que as detecten posibles civilizacións extraterrestres. Astrofísicos como Stephen Hawking xa advertiron do risco que isto supón para a humanidade, xa que podería favorecer a chegada de seres cunha tecnoloxía máis avanzada e dubidosas intencións.
O coñecemento que o público formado ten do cosmos e do noso lugar nel aínda é escaso, segundo o estudo.
As implicacións éticas e sociolóxicas desta proposta foron analizadas polo neuropsicólogo Gabriel G. da Torre, profesor na Universidade de Cádiz, quen se pregunta: " Pódese tomar unha decisión así en representación de todo o planeta? Que sucedería se ten éxito e 'alguén' recibe o noso sinal? Estamos preparados para un contacto dese tipo? ".
Para responder a estas preguntas, o profesor enviou un cuestionario a 116 estudantes universitarios de EUA, Italia e España. Mediante a enquisa valorou os seus coñecementos de astronomía, o seu grao de percepción do ámbito físico, a súa opinión sobre o lugar que as cousas ocupan no cosmos, así como cuestións de tipo relixioso - " Cres que Deus creou o universo? ", por exemplo- ou sobre a probabilidade de contacto con extraterrestres.
Os resultados, que publica a revista Acta Astronautica, indican que, como especie, a humanidade aínda non está preparada para tratar de contactar activamente cunha suposta civilización alienígena, xa que faltan coñecementos e preparación entre a xente.

FONTES: 
http://www.elmundo.es/ciencia/2014/05/05/53674e85268e3ee1338b456d.html
http://www.abc.es/ciencia/20140505/abci-esta-humanidad-preparada-para-201405051356.html

De que depende o sexo?

Un grupo de investigadores, liderados por H. kaessmann do Instituto de Bioinformática da SIB, analizaron tecidos masculinos, especialmente dos testículos de diferentes especies, co obxecto de recuperar os xenes contidos no cromosoma Y.
Estudaron os tecidos dos 3 principais linaxes de mamíferos: `placentarios, marsupiais e monotremas, traballando en total con 15 especies diferentes e comparándoos con mostras obtidas de galiña.
Compararon secuencias de tecidos de machos e femias, eliminando as secuencias comúns a ambos los dous sexos; os xenes que quedaron corresponderían ao cromosoma Y.
Iste estudo supón o maior mapa xenético do cromosoma Y feito ata o momento e nos dí que o xene determinante do sexo é SRY, que surxíu nun ancestro común a marsupiais e mamíferos placentarios hai 180 m.a.; hai outro xene, o AMHY responsable do cromosoma Y en monotremas que te unha antiguedade parecida (175m.a). Ambos están implicados no desenvolvemento dos testículos e aunque surxiron case o mesmo tempo,o fixeron   de forma totalmente independente.
Non obstante o sistema que determina o sexo no ancestro común a todos os mamíferos segue sendo un misterio, xa que vivíu moitos m.a. antes de que surxiran os cromosomas Y.
Sabemos que nos crocodilos a temperatura é capaz de determinar o sexo das crías, pero nos mamíferos e no que respecta a nos  , Que foi o que desencadenou a necesidade  de diferenciar entre machos e femias?, débese a un factor xenético ou a un factor ambiental?.

A resposta segue aberta.



               

A GALAXIA FANTASMA


La galaxia «fantasma» que no fabrica estrellas

Á esquerda, Segue 1 (a galaxia non se pode ver) e na dereita, e rodeadas por un circulo, estrelas pertencentes aSegue 1.


Encontrouse unha galaxia fantasma, é dicir que non se fan novas estrelas, e nela encontransen poucas estrelas pero que pertenceron a produción estelar cerca dos tempos lexanos do Big Bang. O misterio de Segue 1 é que non seguiu a evolución clásica das demáis galaxias.
Segue 1 atópase a 75000 anos luz de nos e é a menos brillante descuverta polo homa ata agora.  A súa rara composición fai que os científicos descubrirán máis pistas sobre os primeiros pasos do Universo.

Xeneralmente, as estrelas formanse a partir de nubes de gas que se quentan a medida que a súa propia gravidade as comprime, brillan durante algún miles de millóns de anos e morren normalmente en forma de supernova, pero iste non foi o proceso que seguiu Segue 1 senón que o proceso debiuse de deter por completo antes de chegar a desenvolverse completamente.

Fontes:

Miguel Ferreiro Díaz 1ºBach C