lunes, 31 de enero de 2011

Somos primates

A continuación tedes dous episodios do programa Redes. Neles, o divulgador científico Eduardo Punset visita o Zoolóxico de Leipzig, onde levan a cabo investigacións os científicos do Centro de Primates do Instituto Max Planck de Antropoloxía Evolutiva. Este centro está dirixido polo primatólogo Josep Call, que estudia o comportamento e a intelixencia das catro especies de grandes primates -orangutanes, gorilas, chimpances e bonobos-, os nosos parentes máis próximos.



Aínda que vivamos hoxe moi afastados uns doutros, primates humanos e non humanos temos unha historia común moi próxima. As circunstancias e algunha que outra innovación cerebral distanciáronnos.
Xunto ao primatólogo Michael Tomasello, do Centro de Primates do Instituto Max Planck de Antropoloxía Evolutiva, Eduardo Punset repasa as diferenzas cos nosos parentes, desde as formas de aprendizaxe ata o concepto de vinganza ou as habilidades de cooperación.



Editado por Carmen Cid Manzano