domingo, 5 de febrero de 2012

Un planeta rochoso preto dun inferno estelar


A corenta anos luz da Terra, un planeta rochoso chamado "55 Cancri e" circula perigosamente preto dun inferno estelar completando unha órbita en tan só 18 horas. O planeta extraterrestre atópase situado 26 veces máis preto da súa estrela do que Mercurio está do Sol.

Novas observacións levadas a cabo polo Telescopio Espacial Spitzer, da NASA, suxiren que "55 Cancri e" pode ser máis húmido e estraño do que calquera imaxinaba.

Recentemente, Spitzer mediu a pequena cantidade de luz que este planeta bloquea cando cruza enfronte da súa estrela.
Ten unha masa que é 7,8 veces maior e un radio que mide un pouco máis do dobre que o da Terra, isto colócano na clase de exoplanetas de tipo "SuperTerra".

Ao redor dunha quinta parte da masa do planeta debe de estar formada por elementos liviáns e compostos, que inclúen auga. Dado a intensa calor e a elevada presión que probablemente experimentan estes materiais, os investigadores cren que é posible que os compostos existan nun estado de fluído "supercrítico"(estado da materia a alta presión e a alta temperatura).

Soraya González Feijoo Nº12 1º Bach D.