jueves, 15 de marzo de 2012

QUINCE ANOS DESPOIS DE DOLLY, A CIENCIA REVISA A CLONACIÓN.


Quince anos despois da clonación da ovella Dolly, a clonación volve a estar presente nos laboratorios.
As últimas análises publicadas en diferentes revistas científicas mostran as diferenzas entre as Ips e as embrionarias, o que podería supor unha limitación para o seu emprego en humanos e un novo impulso para a clonación terapéutica.

Aínda que se deu a coñecer popularmente en todo o mundo coa aparición da ovella Dolly en 1997, a técnica da transferencia nuclear ten máis anos, concretamente 60. A Robert Briggs, a idea da transferencia nuclear chamáralle a atención cando estaba a estudar o papel do núcleo e os seus cromosomas no Hospital de Filadelfia en 1949. Uns anos antes, outro científico alemán, Hans Spemann, xa propuxera un experimento deste tipo, pero cando Briggs puxo en marcha as súas investigacións non coñecían eses datos.
A transferencia nuclear consiste en extraer o núcleo dun óvulo do organismo a clonar, que é onde está o material xenético, e quitar tamén o núcleo dunha célula somática que é onde se insere o óvulo enucleado. O que Briggs e Kings fixeron foi utilizar como células somáticas embrións de ra. O paso que deu Wilmut, o 'pai' de Dolly, foi empregar un método co que podía crear clons a partir dunha célula adulta. No seu caso, tomou células da glándula mamaria dunha ovella que foron fusionadas, utilizando descargas eléctricas, cun óvulo sen núcleo de ovella.


A técnica da reprogramación celular consiste en inserir un ou varios xenes no interior dunha célula adulta, por exemplo da pel, para que sexan estes elementos os que empecen a reprogramar internamente a esa célula e que o seu 'reloxo vital' dea marcha atrás. De tal forma que a partir dunha etapa adulta vólvase a unha etapa inicial na que os investigadores poidan transformar esa célula en calquera outra sen necesidade de utilizar un embrión ou un óvulo e quedando fora calquera debate ético.
Doutra banda, tal e como apunta o científico Eilertsen, do departamento de Epixenética e Reprogramación Nuclear do Centro de Investigación Biomédica de Pennington: "a taxa de éxito é aínda baixa, cunha eficiencia global de só un 1%, o que non é realmente viable para especies tan importantes como o gando".

Este experto, que actualmente está a traballar na identificación e desenvolvemento de químicos que poidan mellorar a eficiencia desta técnica do mesmo xeito que a da produción de células iPS, cre en que o futuro da clonación pasa por "mellorar o manexo de importantes especies para a agricultura; ser un medio para producir proteínas relevantes a nivel comercial e terapéutico e servir como unha fonte de órganos para xenotrasplantes dirixidos a persoas".

Ana Rodríguez Lamas. Nº 26, 1º D Bacharelato.