domingo, 29 de septiembre de 2013

Según o último informe do Panel Intergubernamental para o Cambio Climático, os seres humanos somos os culpables do 95% do cambio climático, un 5% máis ca no último informe no 2007. Por desgraza neste último estudo tamén recolle o empeoramento das consecuencias, aumentando a subida da auga dos océanos de entre 26 ate os 82 cm e non como se creía no 2007 de entre 18-52 cm. Por si isto fose pouco infórmanos de que senón paramos os gases que contribúen ao efecto invernadoiro, a temperatura incrementarase máis de 2 graos no 2100, aínda que respecto a iste dato hay científicos optimistas que creen que só subirá 0,3 graos e tamén os hay pesimistas que agardan unha subida de até 4,8 graos, tomando como referencia as temperaturas entre 1986-2005, a todo isto hay que sumarlle que as olas de calor,sequía,furacáns...aumentarán e as consecuencias serán devastadoras.

Este informe é moito máis específico ca do 2007, en parte porque hoxe temos máis evidencias e máis claras de toda esta catástrofe, palabras ditas por Fidel González Rouco(investigador do Instituto de Geociencias do CSIC, participante xunto con outros tres españois no informe de 1er grupo de traballo). A tecnoloxía tamén xoga un papel moi importante neste novo informe, pois hoxe en día todos estes datos recónllense con superordenadores, estes o que fan é tomar datos mediante millóns de medicións e recollen complexos cálculos que son prácticamente inequívocos. Por suposto canto máis avance a tecnoloxía imos ter datos máis claros e máis contundentes. Hoxe xa sabemos que nos somos os maiores culpables de que todo isto esté a ocorrer, quizáis se se houbesen tomado medidas fai moitos anos agora non teríamos estes datos, pero xa non se pode arranxar o pasado, preocupémonos por mellorar o noso futuro e permitamos que as vindeiras xeracións poidan gozar deste maravilloso espazo chamado terra .