martes, 4 de febrero de 2014

Dinosaurios sepultados por un volcán en China

Decenas de fósiles de dinosaurios de entre 130 e 120 millóns de anos atópanse baixo territorio chino. A postura na cal foron descubertos indica que a morte visitounos de sorpresa.


Algúns dos fósiles atopados

Científicos creen que a morte de toda a fauna que existía na Terra durante o Cretácico inferior debeuse a unha erupción volcánica. Naquela época, nesa zona de Asia, convivían dinosaurios, mamíferos, lagartos, aves primitivas e algúns invertebrados. Os encargados de reconstruir o ecosistema afirman que se trataba dun lugar cheo de lagos e bosques rodeados de volcáns, era, polo tanto, unha zona volcánicamente moi activa.

A análise dos fósiles desenterrados mostra que a superposición dos corpos debeuse a coladas piroclásticas, con orixe volcánica. Trátase dunha mezcla entre gases volcánicos a grandes temperaturas, materiais rochosos quentes e aire de ata 200km/h.

Durante a investigación, comprobouse que cada esqueleto estudiado fora sepultado directamente polo material e que, a postura dos esqueletos, suxire que foran enterrados en vida.


FONTES: http://www.elmundo.es/ciencia/2014/02/04/52ef7992e2704e1d2f8b4572.html


                                                    Paula Quintas Blanco 1ºBach A