domingo, 9 de octubre de 2011

Abre os seus "ollos" o máis complexo telescopio terrestre (ALMA)


No deserto de Atacama (Chile) nace ALMA (Atacama Large Millimetre/submillimetre Array),o telescopio terrestre máis complexo do mundo co que poderemos viaxar polas orixes do universo e acercarnos o misterio da procedencia de todo, a gran explosión do Big Bang. Estudiará os componentes das estrelas, os sistemas planetarios e galaxias detectando as máis afastadas.


O observatorio, situado a 5000 metros de altura no norte de Chile, aínda non está rematado.Cando así sexa, incluirá 66 telescopios individuáis que se combinarán para simular un telescopio de 6 km de diámetro. Utiliza unha lonxitude de onda de arredor de 1 mm, que permitirá os astrónomos estudar os obxetos ocultos no espazo por nubes de polvo e gas.

O equipo de ALMA publicou unha primeira imaxe observada con so 12 antenas,a modo de proba. A medida que se vaian incorporando novas antenas, aumentará exponencialmente a precisión, eficiencia e calidade das observacións.

A posta en marcha do telescopio, suscitou tal interese na comunidade científica, que astrónomos de todo o mundo presentaron 900 propostas para observacions. Estamos,por tanto,vivíndo un momento histórico para a ciencia,a astronomía e a evolución da humanidade, grazas ao notable esforzo de moitos científicos e inxeneiros de todo o mundo. E isto non fixo máis que empezar.






Ariana Fernández González 1º Bacherelato D