miércoles, 27 de febrero de 2013

REGRESO A XÚPITER



Europa prepara unha misión de exploración das lúas xeadas  de Xúpiter, a NASA tamén participa nesta misión, a nave chamase “Juice” e partirá sobre o ano 2022.
Europa, Ganímedes e Calixto son lúas de Xúpiter, tres das catro descubertas por Galileo en 1610, aínda que na actualidade xa se descubriron 50 lúas. Parece ser que as tres lúas teñen océanos de auga baixo una capa xeada superficial. A nave levará instrumentos científicos para medir o grosor da capa de xeo que se atopa nas lúas, explorar os océanos e trazar mapas da superficie.
A preparación da misión “Juice” non é algo doado se non que é algo moi difícil, tardase varios anos dende que se plantea a misión ata que se leva a cabo. Tamén hai que ter en conta o feito de que Xúpiter está moi lexos. Calculase que a nave tardará oito anos en chegar ao sistema de Xúpiter, de modo que aínda que o seu lanzamento sexa en 2022, ata o 2030 no estará en órbita. Alí funcionará aproximadamente tres anos e medio.



A misión ten una perspectiva máis lexana. Álvaro Giménez director de Ciencia e Exploración Robótica de la ESA, explicou que os planetas extrasolares que se descubriron nos últimos anos son, fundamentalmente xigantes gasosos parecidos a Xúpiter.


Mentras se prepara “Juice” chegará a Xúpiter outra nave que xa está en camino, “Juno”, da NASA que partiu en 2009 e chegará a orbita de Xúpiter en 2016 e alí estudiará a atmosfera de Xúpiter.
Ganímedes é o maior satélite que se conoce, componse de tres cuartas partes do tamaño de Marte. Calixto é casi do tamaño de Mercurio e por último Europa é un pouco máis pequeño que a Lúa.
Espero que tanto “Juno” como “Juice” cheguen en condicións á órbita de Xúpiter para que poidan aportarnos máis información.

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/02/26/actualidad/1361903950_938896.html

Héctor Vázquez Yáñez 1ºD