![]() |
Recreación do espermatozoide |
O experimento consistiu en tomar células somáticas (pel) de cinco homes para transformalas en células nai pluripotentes (iPS), tres tiñan unha enfermidade que lles impide producir espermatozoides (Azoospermia) e os outros dous eran fértiles. Unha vez estiveron nos testículos, as células iPS transformábanse en células nai espermatoxénicas, e ainda que estas sexan menos células xerminais ca dos homes fértiles, sí que da esperanza para que nun futuro esta enfermidade non sexa un impedimento para ter fillos.
![]() |
Esquema de obtención de células iPS |
As células nai iPS pódense conseguir grazas á reprogramación de células somáticas adultas utilizando factores de transcripción (Proteínas que regulan á expresión dun xen) e son unha liña moi importante de investigación actual pois serán o futuro da medicina en humans. "O uso de células nai servirá para diagnosticar defectos das células xerminais", afirma Renee Reijo, investigadora do Instituto de Células nai e Medicina Rexenerativa da Universidade de Montana (EEUU). "Ten un gran potencial para persoas con problemas xenéticos para a producción de espermatozoides".
Pero tamén pide precaución, pois segundo di: "Todavía non se pode levar a cabo, pois non temos ningun dato sobre a seguridade destas células". A comunidade científica seguirá investigando sobre as aplicacións das células nai, co fin de chegar a realizar medicina rexenerativa en seres humans o antes posible.
Estades de acordo coa precaución antes de usar estas novas células?
A investigación con células iPS é importante cara o futuro?
Fontes de información:
- http://www.elmundo.es/salud/2014/05/01/53615b1822601d7d128b457f.html
- http://www.abc.es/salud/noticias/20140502/abci-regeneran-espermatozoides-celulas-madre-201405011403.html
- http://es.wikipedia.org/wiki/Shin'ya_Yamanaka
David Boó - 1º Bach A.