domingo, 22 de enero de 2012

Os peces vense afectados polo aumento do CO2 no mar.

Os océanos absorven cada ano unhas 2.300 millóns de toneladas de CO2 pruducidas polo home. O aumento do CO2 nos mares trastorna o sistema nervioso dos peces e reduce as posibilidades de supervivencia.
Un equipo de científicos analizou durante algúns anos as zonas marinas con grandes concentracións de dióxido de carbono .
O primeiro que descubriron estos científicos foi que os peces pequenos perdían o sentido do olfato, despois o seguinte sentido afectado foi o oído e logo a actividade que facían para lograr darse a volta tamén se viu afectada.
Os científicos estableceron que o causante de todos estos problemas nos peces foi a causa do CO2 que daña o seu sistema nervioso.

http://www.elmundo.es/elmundo/2012/01/16/natura/1326710582.html

Andrea Mariño Rodríguez. 1º bach, D nº 18

O cometa que se desintegrou, ao chocar co sol.

O sol é frecuentemente bombardeado por cometas "rozadores", cuxas órbitas pasan moi preto da súa coroa. Un deles foi o cometa C/2011 N3, o cal se desintegrou o pasado 6 de Xullo, momento que por primeira vez foi captado polo Solar Dynamics Observatory (SDO) en cinco bandas de lonxitude de onda diferentes, o que permite facer un profundo estudo deste fenómeno.
Estes cometas son frangmentos de "xeo sucio" cuxo diámetro non sobrepasa os 10 metros pero, segundo especialistas, este parece ser de maior tamaño.
O obxecto cósmico desfeito pertence á familia de cometas Kreutz, un grupo que pasa peligrosamente preto da estrela.
Durante 15 longos anos, observáronse máis de 2.000 cometas, pero en ningún deses casos logrouse seguir a súa traxectoria unha vez dentro da atmosfera solar.

Tempo no que se desintegrou : 20 minutos .

Agora, sin embargo, os investigadores, combinando observacións desde o Observatorio da Dinámica Solar da NASA (SDO), o satélite SOHO e o Observatorio das Relacións Solar-Terrestres (STEREO) conseguiron captar en directo cómo o cometa C/2011 N3 entraba e se desintegraba a unha velocidade de 100.000 kilómetros por hora.
O C/2011 N3 calcúlase que tiña entre 120 e 150 metros de diámetro. O grupo dos Kreutz ós que pertenecía orbitan a unha distancia non moito maior a dos radios solares da superficie da estrela, e fano en períodos de entre 500 e 1.000 anos. Calcúlase que o SOHO detectou unhos 1.500 cometas 'rozadores' desde o seu lanzamento, en 1995, para estudar o Sol.
O pasado mes de decembro, entre os días 13 e 22, o SOHO detectou unha auténtica invasión de cometas 'Sun-Grazing': 25 en tan só dez días.
Os especialistas presaxian a aparición dun 'rozador' moito máis grande e brillante cós observados ata agora, similar o cometa Ikeya-Seki que se presentou no 1965 e acercóuse o Sol a 450 kilómetros, pero non chegou a impactar. Ese xigantesco obxecto, de cinco kilómetros en diámetro, sobreviviu e convirtíuse nun dos cometas máis brillantes do milenio. Incluso se veía de día.
O nome da 'familia Kreutz' é un homenaxe ó científico alemán Heinrich Kreutz, quen demostroú a interrelación das súas órbitas no século XIX.