martes, 1 de noviembre de 2011

Obsérvanse cambios en Mercurio!

A NASA difundiu recentemente imaxes captadas pola sonda espacial “Messenger”, nas que se observan peculiares depresións ubicadas a distintas lonxitudes e latitudes no planeta Mercurio. Estas parecen ser máis recentes que os cráteres nos que se atopan, o cal quere dicir que a superficie deste planeta está evolucionando de forma constante, algo contradictorio ó que se pensaba.
Trátase do planeta que máis preto do Sol está, sendo exposto a unha calor intensa e contando cun clima extremo, polo que certos minerais como o azufre son facilmente vaporizados, deixando sós ós outros minerais e debilitando a roca, que adquire un aspecto esponxoso e erosiona rapidamente formando as peculiares depresións, de diámetro variable entre 18 metros e máis de 1’5 km, e de profundidade entre 18 e 37 metros.

Lucía Rodríguez Rodríguez 2ºB

Xa somos 7000 millóns

Onte, domingo 31 de outubro, naceu en Filipinas Danica May Camacho, a suposta habitante número sete mil millóns da Terra. O seu nacemento pon de manifesto os retos planetarios que plantea o crecemento demográfico, xa que a poboación mundial aumenta en gran cantidade e chegará un día no que non haberá recursos para todos; sete mil millóns de persoas que precisan alimento, enerxía, educación, emprego, dereitos, seguridade… E cada vez somos máis. A un ritmo de dous nacementos por segundo no mundo, a poboación seguirá aumentando ata chegar no ano 2050 a 9300 millóns de habitantes e calcúlase que superará a finais de século os 10000 millóns.
De todos modos, esta cifra anunciada onte polo informe “Estado de la población mundial de la ONU”  non ten porque ser exacta: a propia ONU recoñece que existe unha marxe de erro no cálculo da cifra de entre un 1% e un 2%, o que suporía que a poboación sexa 56millóns superior ou inferior da cifra publicada. A incerteza causada sobre isto ten que ver en gran parte ás pésimas estadísticas demográficas de países pobres.
A recén nacida filipina recibirá unha beca de estudos como recoñecemento das Nacións Unidas.

Lucía Rodríguez Rodríguez 2ºB