miércoles, 22 de enero de 2014

Unha rocha aparece en Marte «da nada» fronte ás cámaras do Opportunity

Quedámonos atónitos, eso non estaba aí antes” recoñecen desde a NASA.

Steve Squires, director científico da  misión do Opportunity en Marte, anunciou  nunha rolda de prensa a presenza dunha rocha que apareceu, segundo din, de supetodiante das cámaras do robot entre os días (marcianos) 3528 e 3540.

Esta rocha foi bautizada coma Illa Pinnacle e converteuse no centro de atención dos científicos da misión, quenes agora tentan averiguar como puido chegar ata alí.


“Ten aproximadamente o tamaño dun donut – dixo Squires-. E foi unha sorpresa total. Foi  coma… ´Espera un segundo… eso non estaba antes alá… non pode estar ben!`Quedámonos abraiados”.
De momento, baráxanse dúas posibles explicacións para a presenza da rocha: ou ben foi lanzada ata alí polo impacto dun meteorito cercano ou, o que consideran máis probable, chegou á súa posición actual arrastrada polo propio Opportunity, pois a NASA recoñeceu que o robot está tendo algún problemas para moverse actualmente.

En canto ao tipo de mineral, una primeira análise indica que dita rocha é rica en xofre e potasio, que ten bordes de cor branca brillante e un centro vermellorubí profundo. Ademáis parece estar en posición boca abaixo, é dicir, que a parte que agora é visible non se vería afectada pola atmosfera marciana, quizais durante millóns de anos.


A NASA continuará agora coas investigacións sobre estes restos e xa anunciou os seus plans para perforar a rocha, na busca de novos datos sobre o planeta vermello.




Alba Álvarez Pacios nº1 - 1º BACH. A