domingo, 16 de diciembre de 2012

A NASA advirte forte tormenta solar en 2014


Un grupo de científicos da NASA revelou que no 2014 a Terra enfrentarase a unha intensa tormenta solar que podería afectar as redes de electricidade, comunicacións e satélites ó redor do mundo.
Según os investigadores, este evento podería ser o maior nun ciclo de 10 anos de actividade do astro, e que de presentarse sería o primero en máis de 100 anos.
Entre as posibles consecuencias que podería causar o fenómeno, atópase o derretimento dos transformadores dos sistemas eléctricos do mundo, dano nos satélites e nos sistemas de comunicación.
A última tormenta solar de gran envergadura rexistrouse no 1859. Según reportes da época, o fenómeno foi tan masivo, que se formaron auroras boreais en partes do mundo onde antes era imposible velas.
Nesta ocasión, os expertos temen sobre cal sería o impacto actual duna tormenta destas características, tendo en conta a cantidad de satélites en órbita (máis de 30.000; solo o 1/3 están activos. O resto quedaron suspendidos sobre a Terra) e os efectos que causaría un desperfecto destos en forma global.

Curan a cans paralíticos con células do seu hocico



Un equipo de científicos da Universidade de Cambridge (Reino Unido) logrou revertir a parálise nalgúns cans e restablecer o movemento das suas extremidades tras inxectar na médula espiñal un cultivo de células procedentes do seu hocico ( células olfativas envolventes,  coñecidas como OEC). Estas, permitian o crecemento das fibras nerviosas que mantiñan as conexións entre o cerebro e o hocico.
O experimento, cuxos resultados foron publicados una revista especializada en neuroloxía, levouse a cabo con éxito en 34 cans que sufrían problemas medularese non podían camiñar coas patas traseiras. A 23 cans, inxectouselle  o cultivo de células na zona medular afectada, ó resto,  administrouselle un líquido neutro.
Según os investigadores que participantes neste experimento, a hora dos transplantes, nos cans notouse unha considerable mellaría nas extremidades traseiras e o poder coordinalas coas de adiante. 
Enlace: http://www.muyinteresante.es/curan-a-perros-paraliticos-con-celulas-del-hocico
Andrea N. D. 1ºBACH C

Científico Mexicano descubriu a “Pila Infinita".



O científico Arturo Solís Herrera, especialidado en neuro-oftalmología do Instituto Nacional de Neuroloxía e Neurociruxía, descubriu un proceso bioquímico, polo que a partir dunha molécula que existe na pel, no cabelo e no recubrimento da retina humana, pero que se pode producir artificialmente, (a melanina ou polihidroxiindol), é capaz de romper unha molécula de auga (H2O), separando o osíxeno do hidróxeno e extraindo enerxía  dese proceso.
Herrera di que, sua innovación busca xerar enerxía limpa a través do hidróxeno. Este hallazgo permitiu elaborar unha especie de pila infinita, que o autor chama Bat-Gen, porque funciona ó mesmo tempo como unha batería recargable e como un xerador continuo de enerxía.
O proceso, a grandes rasgos, definiríase como: A melanina é capaz de romper a molécula de auga (H2O), separando o osíxeno e o hidróxeno, ó mesmo tempo que, esa reacción libera enerxía. Pero, o máis revolucionario é que, a mesma molécula realiza a función inversa, e volve a unir o hidróxeno e o osíxeno, para que novamente se constituan como auga, liberando unha nova carga de enerxía.
O ciclo pódese repetir unha cantidade incalculable de ocasións, armando e desarmando a molécula de auga e liberando enerxía, sen baixar, debido a que a propia melanina axuda a absorber novos fotóns que están disponibles no ambiente nas radiacións electromagnéticas que, normalmente nos rodean en todo o planeta, as cuales, proveñen do Sol e do espazo. Con estos fotóns nútrese o repetido evento iónico ou eléctrico que ocurre ó armar ou desarmar as moléculas de H2O. 
Esta é unha maneira moi esquemática de explicar o que ocorre no interior da "Bat-Gen", a cual, é capaz de manter encendida unha lámpada de luz por máis de 100 anos, con a única necesidade de cambiar os focos cando termiña seu tempo de vida. Como evidencia desta afirmación, o doctor Solís ten, no seu laboratorio de Augasquentes, lámpadas que levan catro anos encendidas.

Andrea N.D. 1º BACH C