domingo, 13 de febrero de 2011

Catalasa na cociña



Traballo realizado por Yurema Seara Núñez e Andrea Fernández Novoa

Ciencia en El Hormiguero.

Este programa de Cuatro tan coñecido, ten un espazo dedicado á ciencia co cal intenta popularizala de xeito ameno. Aquí vos deixo algúns dos videos que me parecen máis interesantes.
Que dixo algo sobre a invsibilidades!??? Só se necesita un traxe laranxa e luces moi fortes, a ver que te ve entón!!



Increíble... como o faran?? O das voces fai pensar que pode ser Helio, pero non o sei.




Unha pasada!! Os microfluídos deixáronme sen palabras.


Fontes:

http://www.youtube.com/watch?v=5ms-O1ySrEQ&feature=relmfu
http://www.youtube.com/watch?v=VzjnoJoUoyg
http://www.youtube.com/watch?v=yLGSVFvRVG8


Coral Real Llamas 1º Bacharelato B

Os Neandertais crecían e maduraban mais rápido que os humanos modernos.

Un equipo de especialistas de varios países logrou deducir a velocidade de maduración nos neandertais. A Investigación dirixírona especialistas da Universidade de Harvard, o Instituto Max Planck de Antropoloxía Evolutiva e o ESRF (Laboratorio Europeo de Radiación Sincrotrón). A bioloxía evolutiva demostrou que os cambios pequenos durante o desenvolvemento inicial poden dar lugar a diferenzas que desemboquen na formación de novas especies. Estes cambios poden tomar a forma de modificacións na secuencia xenética ou na cronoloxía de pasos no desenvolvemento do individuo desde que é procreado. Por tanto, coñecer a fondo as transformacións durante o desenvolvemento é crucial para reconstruír a historia evolutiva.




Un destes cambios pouco coñecidos refírese á actividade reprodutiva, a xestación e o período de crecemento e maduración do individuo. En comparación cos seres humanos, a vida dos primates non humanos caracterízase por un período de xestación máis curto, unha maduración postnatal máis rápida, unha idade menor para a primeira reprodución, un período post-reprodutivo máis curto e unha lonxevidade menor en xeral.

Podería parecer que o ciclo de vida típico do individuo dunha especie é invisible no rexistro fósil, pero resulta que moitas das súas variables están moi correlacionadas co desenvolvemento dental. Nese sentido, os dentes son unha "caixa negra" de gran importancia, reflectindo o crecemento do individuo dun modo comparable a como os aneis de crecemento nas árbores.

Un achado notable deste novo estudo de cinco anos, é que o crecemento dos primeiros dentes nos neandertais era significativamente máis rápido que nos membros da nosa especie, incluídos algúns dos grupos máis antigos de seres humanos modernos que partiron de África fai entre 90.000 e 100.000 anos.



O patrón neandertal parece ser un punto intermedio entre o dos primeiros membros do noso xénero (por exemplo, o Homo erectus) e o dos humanos de hoxe en día, o que suxire que a lentitude na maduración do individuo e unha infancia longa son características exclusivas da nosa especie. Este longo período de maduración pode facilitar máis a aprendizaxe, así como promover o desenvolvemento dunha capacidade cognitiva máis potente, todo o cal posiblemente deu aos primeiros Homo sapiens unha vantaxe competitiva fronte aos neandertais da súa mesma época.


http://www.scitech-news.com/2010/11/esrf-reveals-human-children-outpaced.html
http://www.esrf.eu/news/general/synchrotron-reveals-human-children-outpaced-neanderthals-by-slowing-down/


Feito por Antía Arias García. 1º Bacharelato B

Unha tarxeta cósmica de San Valentín




A NASA amósanos que San Valentín está en todas partes. A axencia espacial atopou o que parece un anel unido a buracos negros.
O espectacular anel forma parte do sistema Arp 147 de dúas galaxias en interacción. Situado a 430 millóns de anos-luz de distancia, na constelación da Balea, contén os restos da colisión entre unha galaxia espiral e unha elíptica. A fenomenal colisión provocou unha onda expansiva de formación de estrelas masivas que aparecen en cores azuis sobre unha estrutura circular.

As estrelas maiores son pouco lonxevas, só viven uns poucos millóns de anos antes de morrer mediante explosións. As estrelas que xa estalaron sobre o enorme aro deron lugar a grandes supernovas que deixan buracos negros nos seus centros, e estas rexións emiten intensas radiacións de raios X que se representan en cor rosa. Estes buracos negros, fannos pensar que son pedras preciosas incrustadas no anel.Para máis información:
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/02/11/ciencia/1297432846.html

Feito por: Yurema Seara Núñez 1ºB