O investigador español Rafael Yuste,
profesor de ciencias biolóxicas e neurociencias da Universidade de Columbia
(New York) e co-director do Instituto Kavli para a Ciencia Cerebral, é
un dos inspiradores da iniciativa de
investigación neurolóxica que se vai a levar a cabo durante a próxima década co
apoio do presidente Obama: O mapa do Cerebro Humano. En xuño do 2012,
Rafael Yuste publicou un artigo na revista Neuron, no que sinalaba as bases do
apoio deste proxecto, que agora vaise a levar a cabo. “En EEUU unha persoa pode
suxerir unha idea, e un ano máis tarde, esa idea chega á Casa Blanca e conta co
apoio do presidente” di o científico nunha entrevista recente.
O cerebro humano, con 100.000
millóns de neuronas e 10.000 conexións, é un campo descoñecido para o ser
humano; é a única parte do corpo que non sabemos como funciona. Por iso, Barack
Obama, o presidente dos Estados Unidos, anunciou a semana pasada que aportará
100 millóns de dólares do presuposto do 2014 para o proxecto BRAIN (siglas en
inglés de Investigación do Cerebro a través do Avance de Neurotecnoloxías
Innovadoras), defendendo a necesidade de que o Estado aposte pola ciencia e
polos investigadores e non perda a oportunidade de investigar e de apoiar
iniciativas que teñen a capacidade de mellorar a vida de moita xente.
Este megaproxecto científico unirá
as axencias e laboratorios científicos de EEUU e a importantes empresas
informáticas, co obxectivo de desenvolver técnicas para rexistrar a actividade
completa dos circuítos neuronais. Trátase dun proxecto interdisciplinar no que
participarán enxeñeiros, químicos, físicos e neuro e nanocientíficos. Segundo
os científicos que desenvolven o plan,
este esforzo promoverá tecnoloxías que permitirán producir imaxes dinámicas do
cerebro nas que se poderá ver como as células individuais e os complexos circuítos
de neuronas interactúan á velocidade do pensamento.

Logrará este mapa acabar cunha das enfermidades máis
temidas desta época como o é o alzheimer? En qué consiste precisamente esta
enfermidade?
FONTES DE INFORMACIÓN
http://www.agenciasinc.es/Noticias/Obama-apoya-el-mapa-del-cerebro-de-Rafael-Yuste-con-100-millones-de-dolares
Iago Rodríguez Peña 1º BACH A