miércoles, 20 de octubre de 2010

A NASA descubre prata na Lúa!

O impacto na superficie luar, foi provocado por un cohete da NASA en Outubro do ano pasado, revelou que, baixo a superficie do cráter Cabeus, hai un 5,6 % de agua xeada e tamén outros elementos como son hidróxido, monóxido de carbono, amoníaco, mercurio, magnesio, sodio e ata a apreciada prata!
A NASA lanzou o Satélite de Observación do Cráter Luar, coñecida como misión LCROOS, o 18 de xuño do ano pasado. Levaba a bordo un cohete, o Centauro, que tres meses e medio despois, o 9 de outubro, estrelábase contra a Lúa, xerando unha gran nube de máis de 750 metros de altura sobre a súa superficie. Estímase que foron expulsados o espazo entre 4.000 y 6.000 quilos de restos, e vapor de auga. Os catro minutos da explosión, a sonda LCROSS atravesaba esa nube para recoller mostras que durante un ano foron analizadas por varios grupos de investigadores en Estados Unidos.
Os resultados do equipo de Anthony Colapetre, do centro de investigación Ames da NASA, afirman que o impacto expulsou uns 155 quilos de vapor de auga e xeo, tamén se atoparon hidrocarburos, sulfuro e dióxido de carbono.
Na Universidade de Brown, outro equipo dirixido polo xeólogo Peter Schultz, tras analizar as características do cráter e dos minerais que contén, atopáronse con que a composición da Lúa e moito máis complexa do que se pensaba. Ademais de agua, tamén contén compostos como o amoníaco, o sodio e a prata. Todos estes elementos combinados deron moitas pistas sobre o orixe destes minerais e o proceso polo cal acabaron os cráteres polares, que non viron a luz do Sol en miles de millóns de anos. O xeólogo cree que os elementos detectados chegaron a Lúa por impactos de cometas, asteroides e meteoritos o longo da súa historia.
Apunta que foron despositados por tódalas partes do satélite terrestre, pero que máis tarde serian liberados da superficie por outros impactos menores ou ben outra teoría seria que se quentaron co sol, o que quere dicir que lles deu a enerxía necesaria para voar ata alcanzar os polos, onde haberían quedado atrapados entre as sombras dos cráteres.
Ademais Schultz, mantén a hipótesis de que a variedade de elementos volátiles implica que hai unha especie de guerra constante entre o que se acumula e o que se perde continuamente na tenue atmosfera luar.
Finalmente unhas palabras do xeólogo que nos poden facer pensar... “ Hai un equilibrio entre o que chega e o que marcha, aínda que creo que vai gañando o que está chegando”




Liliana Villar Whyte 1ºBach A

Curioso líquidio



Non é maxia. Atopámonos ante un fluido non newtoniano, é dicir, que ten un comportamento extrano cunha gran viscosidade e esta varía dependendo da zona onde se lle aplique unha tensión, deformándose en dirección á forza aplicada.
Noutra banda temos ó oposto: o fluido newtoniano, que aquel que non varía con ningunha forza, cun comportamento normal e pouca viscosidade. Para que vos fagades unha idea, a auga atópase neste tipo de líquidos.

No vídeo empregouse fariña de millo disolta en auga, aínda que sen ir moi lonxe obteremos esta propiedade no mel.

Tamara Fernández Menor, 1ºC Bach.

Tedes que velo

Se vos gusta a Astronomía recoméndovos o programa 51 de Redes titulado O noso lugar no Universo (xaneiro 2010). Resume de forma amena o que falamos no tema A nosa orixe.



Xa me diredes que vos parece.
Editado por Carmen Cid Manzano