domingo, 7 de abril de 2013

Os homes, unha especie en perigo de extinción

Un estudo revela que o cromosoma responsable dos xenes masculinos está en proceso de desaparición

Parece ser que unha destacada científica australiana, Jenny Graves, indicou no seu discurso ante a Academia de Ciencias de Australia que o cromosoma responsable dos xenes masculinos está en proceso de desaparición. Sen embargo, engadiu que a boa noticia disto é que o proceso de extinción completa do home como especie tardará uns cinco ou seis millóns de anos máis en completarse.

A clave está no cromosoma sexual masculino e a súa fraxilidade porque por exemplo, o cromosoma feminino X contén máis de 1.000 xenes, ademáis de que as mulleres teñen dous cromosomas deste tipo (XX). En cambio, o masculino Y, nun principio dispoñía do mesmo número de xenes que o seu homólogo feminino. Pero ao largo de centos de millóns de anos destruíuse pouco a pouco, facendo que os cromosomas do home moderno actualmente conten xa con menos de 100 xenes.

Ademais, a experta en xenética, destaca a importancia da presenza dun par de cromosomas do mesmo tipo nas células femininas, xa que permite a substitución dos xenes danados cando é necesario. En cambio, no caso dos homes, ao non existir «compañeiros celulares», cando un cromosoma é danado, o seu reemprazo é imposible.

A pesares de todo, algúns expertos aseguran que a medicina ten aínda moito tempo por diante para enfrentarse a este desafío e conseguir dar coa solución.

Cinco ou seis millóns de anos deberían ser tempo suficiente para que a ciencia chegue a producir unha cura que probablemente se transformará nun premio Nobel», recoñece o profesor Chris Mason, da Universidade de Londres.
Tampouco se sabe como será o futuro da mesma natureza humana. Os expertos cren que os cromosomas poden comenzar a substituírse uns por outros, ou incluso crearíase unha nova especie de home.





Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D