Aínda que
o termo de “aeroxel” non debería aplicarse, axúdanos a visualizar cales son as
propiedades de esta creación. É unha espuma baseada en nanotubos de carbono conxelados en seco e láminas de
óxido de grafeno, a cal se lle quita o osíxeno mediante un proceso químico. O equipo responsable foi o de científicos da Universidade de Zhejiang (Hangzhou, China).
A lista
de aplicacións deste material extraordinariamente liviano é cada vez máis
grande, incluso pódese considerar un material máxico, algo irónico tendo en
conta que é un dos descubrimentos máis importantes da ciencia moderna.
Cunha densidado de 0,16 miligramos por centímetro cúbico, é tan lixeiro que pode ser colocado sobre unha flor de cerezo sen danala.
O GRAFENO:
Por si
só, o grafeno ten unha densidade de 0,77 miligramos por metro cadrado.
É un material novo, e non só o máis delgado que se obtivo ata o momento senon
que tamén é o máis forte. Ademáis, é completamente transparente.
Entre as
súas numerosas propiedades podemos
atopar algunas coma a alta condutividade térmica e eléctrica,
elasticidade, dureza e resistencia (sendo o máis resistente do mundo ata
agora atopdo), soporta a radiación ionizante e é moi lixeito, coma a fibra de carbono
pero máis flexible.
O grafeno
pode reacionar químicamente con outras sustancias para formar compostos con
diferentes propiedades, o que o dota dun gran potencial de desenvolvemento.
Grazas a
todas estas propiedades, o grafeno convertirase nun produto con múltiples aplicacións
e incontables beneficios para a sociedade.
Na
industria, as principais aplicacións serán:
A blindaxe,
pola sua propiedade de dureza xa citada

Na
informática parece ser o material máis prometedor, pois preténdese construir
ordenadores moito máis rápidos xa que os transistores deben soportar tensións
ademais de ter propiedades eléctricas e este material tamén eé capaz de
soportar a calor á que se exponen estes elementos.
En
investigación, os físicos están tratando de construir un acelerador de partículas en miniatura como o do CERN,xa que este ocupa kilómetros cadrados. Así, nun
fragmento de grafeno dun centímetro cadrado é posible realizar moitos dos
experimentos que ata agora se realizarron en laboratorios como o do CERN e, se
isto se convirte en realidade, poderan facelo nun laboratorio que cabe na xema
dun dedo
Outros campos onde se pretende introducio o emprego deste novidoso material son electrónica, aviónica e enerxía.
Fontes de información:
http://grafeno.com/principales-usos-del-grafeno-en-la-industria/
http://www.jdsoyyo.es/ciencia/2011/10/15/las-multiples-aplicaciones-del-grafeno/
Alba Cortés Coego
1º Bacharelato A