Ata o momento pénsase que nos últimos 550 millóns de anos a Terra experimentou 5 grandes extincións masivas, das cales, a que se produciu fai 252 millóns de anos (ao final do Pérmico) foi a maior de todas elas.
Nesta etapa desapareceron o 96% de especies mariñas e o 70% das terrestres, razón pola cal os científicos denominan a este suceso como "Gran Mortandade". Para explicar por qué sucedeu isto se teñen formulado diversas hipóteses como o impacte de meteoritos ou erupcións volcánicas...
Pois ben, un grupo de investigadores do MIT( Instituto de Tecnología de Massachussets) estivo investigando cando tempo tardaron en desaparecer a maior parte das especies nesta extinción, e grazas a modernas técnicas de datación, estiman que sucedeu nun período de tan só 60000 anos, dez veces máis rápido do que pensaban os científicos. Pero, como podeu suceder unha extinción tan grande nun período tan corto de tempo?
Resulta que este grupo de científicos do MIT entre eles Sam Bowring (un dos principais pioneiros), ademáis de datar a extinción, descubriron que 10000 anos antes de que isto sucedese, os océanos recibiron durante un longo período grandes cantidades de díoxido de carbono reflexandoo na atmosfera, o que aumentaría a temperatura da Terra mais de dez grados e provocaría a adificación dos océanos, dando fín así á extinción da maior parte das especies que habitaban nela. Os científicos chegaron a esta conclusión tras analizaren cinco rocas do Pérmico con sofisticados sistemas de datación, que lles permitiron datar con precisión a Gran Mortandade precedida de enormes emisións de CO2 aos océanos.

Co fin de comprobar definitivamente se as Trampas de Siberia provocaron a extinción, os científicos queren aplicarlle as súas erupcións o seu método de datación para ver se coincide coa Gran Mortandade.
FONTES DE INFORMACIÓN
http://www.abc.es/ciencia/20140212/abci-mayor-extincion-planeta-ocurrio-201402120953.html
http://www.ecoticias.com/naturaleza/88555/extincion-masiva-Permico-ocurrio-suspiro-geologico
Víctor Carrera Quintana 1º Bacherelato A