sábado, 30 de octubre de 2010

Curioso, escolas de voo para aves.

enlace á noticia
O cume da biodiversidade 2010 rematou, gustaríame que algún de vós recollese no blog algún comentario das conclusións de tan importante reunión, déixovos un . Mirade mentres este video que vos vai sorprender.



Por EDITADO: Carmen Cid Manzano

Que son en realidade os Asteroides?

Dende o momento en que se coñecian ata fai relativamente pouco, pensabamos que os asteroides eran rocha compacta ou no seu lugar pequenas pedras(case igual que o cascallo) que se mantiñan firmes e unidas entre si polo efecto da gravidade, chegando incluso a separarse aquelas que estiveran máis afastadas do núcleo e formar un segundo asteroide.
Pero agora e grazas ao Departamento de Ciencias Xeofísicas e Planetarias da Universidade de Tel Aviv (Israel) a e Escola de Física e Astronomía da mesma, e xunto ca axuda adicional dun grupo internacional de científicos, corroborouse a existencia de estos supostos asteroides de cascalla desprendidos pola forza centrífuga.
Cabe decir que esta investigación non só confirmou unha teoría, se non que aporta os datos suficientes como para crer que agora, e no caso de que un asteroide deste arquetipo pasara moi preto da Terra, non nos enfrentariamos a unha montaña xigantesca chocando batendo contra a nosa superficie, se non que seriamos vítimas dunha gran chuvia de rochas de tamano similar ó de pedruscos e pedras, o cal nos adianta a estudar as tácticas que teriamos que levar a cabo para sobrevivir se esto sucedese.



Segundo as hipóteses dos autores, a traxectoria destos asteroides procura verse condicionada pola atracción gravitatoria dos planetas maiores pero ás veces as radiacións solares tamen poden intervir, xa que cando este absorbe a luz do Sol, a súa velocidade rotacional aumenta, o cal sumado a unha velocidade crítica, unha porción destas pedras sepárase do montón principal e acaba por formar un novo asteroide.


Feito por Yurema Seara Núñez e Andrea Fernández Novoa 1ºBach B

Da Terra ao Universo, exposición virtual

Descobre a evolución do Cosmos a través da beleza.