jueves, 19 de abril de 2012

Republicanos catalanes tratan de frear a venta de parcelas naturais.




ERC ( unha formación republicana catalana ) pediu á Generalitat que paralice a venta de 90 hectáreas do Parque Natural de Aiguamolls de l´Empordà porque "rompe a dinámica seguida polos diferentes Gobernos de aumetar o patrimonio público".

O Departamento de Territorio e Sostenibilidade quere vender por 2,5 millóns de euros unha extensión de terreo agrícola de elevado valor natural rodeada de cursos fluviais, un conxunto edificado a mediados do século pasado e catro masías en ruínas para facer caixa e aforrar en costes de mantemento.

Segundo a formación republicana recorda, o Instituto Catalán de Solo (Incasòl) comprou en 2006 a finca para dar cumprimento a "unha política de compras dirixida a preservar o territorio" e denuncia que a venta pode " abrir a porta a un cambio de usos encuberto". Esta opinión está apoiada pola entidade ecoloxista Salvem l´ Empordà que si que esta operación " resulta contraria aos criterios de preservación de espacios naturais".

Link a 3 vídeos magníficos sobre este Parque Natural :

http://www20.gencat.cat/portal/site/parcsnaturals/menuitem.3641993211ba67e33f6c8910b0c0e1a0/?vgnextoid=ff3aee5018532210VgnVCM1000008d0c1e0aRCRD&vgnextchannel=ff3aee5018532210VgnVCM1000008d0c1e0aRCRD&vgnextfmt=default&tipus=Tots&ppal=1&pagina=1#



Raquel Barreiros Novoa, 1º BACH - D