viernes, 27 de mayo de 2011

Deforestación legal en Brasil

Hoxe na clase de CMC estivemos a falar sobre os bosques e a deforestación, así como, dos efectos de ambos os dous sobre o cambio climático. Con tal motivo, edito esta noticia.

O Congreso brasileiro aprobou o martes o novo Código Forestal. Ecoloxistas e científicos denunciaron que o texto favorecerá un aumento da deforestación e terá profundas consecuencias negativas para o medio.
O texto defendía a exención da reserva legal isto é, un espazo de preservación da vexetación orixinaria naquelas propiedades rurais de entre 20 e 400 hectáreas.
Tamén aprobou unha emenda que pon en risco as Áreas de Preservación Permanente (APP), espazos protexidos en zonas que se consideran vitais para o mantemento dos ecosistemas, como as marxes dos ríos. Ademais, a emenda autoriza a amnistía para os que infrinxiron a lei e deforestaron ilegalmente antes de xuño de 2008. Por último, o texto posibilita que os diferentes estados regulen nesta materia, o que, facilitará o labor de presión e clientelismo por parte do negocio agricultor.





A norma pasará agora ao Senado e, se é aprobada, deberá gañar o visto e prace da presidenta. Os datos oficiais apuntan a un aumento da deforestación na selva amazónica os últimos meses, que os ecoloxistas atribúen ás expectativas da aprobación do novo código.

Feito por María Isabel Limia Pérez 1º Bacharelato B Fontes

Finalmente gustaríame que algún compañeiro, deixase a súa opinión sobre se está a favor ou em contra e deixando os seus argumentos.



A central nuclear de Garoña para un dos reactores por producir vibración anómalas

Según un informe do Consello de Seguridade Nuclear a central nuclear de Garoña, na provincia de Burgos, paraliza un dos seus reactores xa que apareceron vibración anómalas, os expertos afirman que estas vibracións non causaron consecuencias nin na poboación nin no medio ambiente, e por sorte a ningún dos traballadores lle causaron consecuencias.
Este suceso foi clasificado no nivel 0 na Escala Internacional de Sucesos Nucleares (INES); despois deste imprevisto aumentaronse os sistemas de seguridade e a central está en proceso de revisión e analizando as causas do accidente.
Garoña é unha das 8 centrais nucleares que existen en España e esta é do mesmo tipo ca de Fukushima, utiliza auga en ebulición.
A última parada desta central nuclear tivo lugar o 13 de outubro do ano pasado para realizar o mantemento de ventilación para arrefríar o aire dentro dos reactores.



 Para máis información: Click aquí

Lorena Yáñez 1º Bach. A