miércoles, 10 de noviembre de 2010

O científico Jose Tubío contesta a Lorena

Hola, chámome Lorena e son alumna de 1º de Bacharelato dun insituto público de Ourense
O día 4 de novembro dedicámolo a ciencia en galego. En concreto escollemos 10 científicos galegos facendo unha semblanza de cada un deles e posteriormente subímolas a un blog creado por nós www.acienciatamenecultura.blogspot.com. A min tocoume facer un resumo da súa carreira profesional o que me pareceu moi interesante e admirable. Gustaríame e agradeceríalle que visitara o noso blog e se me contesta co seu permiso a súa contestacón será publicada en dito blog.
Grazas! Un saúdo!



A súa contestación foi:
Hola Lorena, foi una sorpresa moi agradable recibir esta mensaxe tan bonita desde Ourense. Os científicos pasamos moito tempo fóra da nosa terra (eu levo casi un ano en Barcelona) e a morriña nos visita con bastante frecuencia.
Gústame moito saber que hai xente da tua idade (que representades científicos en potencia) que se interesa pola Ciencia. É moi posible que neste momento da vida vos abriguen a aprender cousas que, tal vez, non vos gustan demasiado, pero a experiencia demostroume que as obrigas moitas veces están feitas para ensinar a apreciar o que é bo. Recordo, por exemplo, cando era neno, que meus pais intentaron que fora a clases de piano. Eu o deixei ó cabo dun ano, e hoxe en día sintoo moitísimo. Así que tede en conta que dentro de vos pode estar medrando o científico do futuro, e que si non explorades esa parte do mundo nunca o saberedes.
Sobre a miña vida, quixera contarvos que actualmente estou no Centro de Regulación Xenómica de Barcelona, realizando unha estancia de investigación que durará, cando menos, un par de anos. Estou traballando no Proxecto Xenoma da Leucemia, que representa un dos tipos de cancro máis comúns que afectan ó Home en occidente, coa idea de atopar os xenes involucrados nesta enfermidade.
Tedes un blog moi bonito, ademáis de interesante. Espero que medre moito nos vindeiros meses. Eu fareivos promoción desde aquí.
Moitas grazas por contactar comigo, e podedes (ti ou calquera dos teus compañeiros) escribirme de novo cando querades.

Unha aperta moi forte, e un saudo a tódolos estudantes do teu instituto.

Grazas,
Jose tubio
A propósito, esquecíame de dicir que, por suposto, podedes publicar esta conversa. Ademais envíovos unha foto por si queredes usala no blog.

Grazas de novo,
Jose Tubio

Lorena Yáñez López 1º A

Contestación do doutor Angel Carracedo aos correos de Isabel e da profe.

Correos electrónicos enviados e recibidos:
A profesora escribiu: Querido Angel, o día 4 de novembro, celebramos no centro o día da Ciencia en galego. Os meus alumnos/as teñen un blog e recolleron nel as semblanzas de 10 científicos galegos actuais. Unha alumna escribiu sobre ti e creo que debes ler o que pensa unha rapaza de 16 anos...
Teño moita sorte, sigo sentíndome orgullosa dos meus estudantes dun centro público, para que logo digan...
Róuboche un tempiño pero creo que vale a pena.
Un abrazo moi forte.
Carmen


Querida Carmen,
Moitas grazas por enviarme isto que me fai moita ilusión, ainda que podo ver que gran parte e froito do aprecio que ti me tes e que lles trasmites.
Ainda que o meu é un pouco esaxerado, é unha marabilla o labor que estades a facer e como motivades aos estudantes para poñer mais en valor a ciencia (...)
Moitas grazas de novo e moitos bicos
Angel


Unha alumna de bacharelato de Ourense, moi interesada en vostede . Rógolle que lea a miña mensaxe . Son dous minutos . Moitísimas grazas.


Ángel a Isabel
-----Moitas grazas Isabel.
A verdade é que gustoume moito a semblanza que mostra ben o cariño que me tes así como o da túa profesora Carmen. Non é falsa modestia dicir que os meus méritos non son tanto e que non aspiro de verdade ao Nobel nin moito menos, pero si a facer un traballo serio é que sexa de utilidade para os demais e transmitirlle a miña xente a ilusión pola investigación e polo traballo ben feito e tamén tratar de que podan investigar partindo de mellores condicións das que eu partín.
Sigue traballando con esa ilusión, Isabel, que estou seguro que chegaras a calquera cousa que te propoñas. Dálle unha aperta moi grande da miña parte a todas as rapazas e rapaces do Instituto e xa sabedes onde estou por si queredes algo
Un biquiño
Angel
PS Por suposto que podes publicar isto si queres. A ver si teño a oportunidade de faceros outra visita.


Isabel a Ágel
--- Moitísimas grazas por responder o meu correo. Gustoume moito ver a súa resposta. Moitas grazas por dedicar ese valioso tempo seu , ao ler o meu traballo. Mil grazas miñas e dos meus compañeiros. Grazas!!
Isabel

Ángel a Isabel
---Grazas a ti Isabel por ser tan riquiña.
Dalles un saúdo a todos da miña parte
Bicos

En Ourense tamén se fai ciencia.


Humberto Michinel
Tres investigadores, Humberto Michinel, Daniele Tommasini y David Novoa, físicos da universidade de Vigo co seu campus na nosa cidade, Ourense, estiveron a investigar sobre os estados da luz ata que atoparon un novo estado da luz denominada luz fermiónica. Segundo o investigador Michinel di que “unha analoxía que tratamos de realizar baseada nas ecuacións que describe como se comporta o pulso da luz cando o facemos viaxar no aire son similares ás ecuacións que describen a materia moi comprimida nunha estrela anana branca. Se a luz se propagase como pulsos no aire libre tería unha propiedades matematicamente moi semellantes ás das estrelas.
Daniele Tommasini


David Novoa
Grazas ás investigacións feitas en Ourense, a luz fermiónica (medida en determinadas condicións) podería concentrarse nunha burbulla e podería recorrer enormes distancias sen modificacións.
A luz fermiónica nos abre portas en comunicacións, en defensa e para detectar elementos na atmósfera.
Como podedes ver en cidades como a nosa tamén se fan investigacións que favorecen ao mundo da ciencia.


Andrea Gerpe Acosta, 1º Bacharelato A

O científico Marcos Mariño escríbelle a Tatiana


Como seguro que recordades o día 4 de novembro, día da Ciencia en galego, dediqueille o meu post a Marcos Mariño, Físico teórico que tivo que marchar de Galicia a facer Ciencia fóra. Envieille un correo electrónico para que visitase o noso blog e isto foi o que contestou:

Ola Tatiana,

moitisimas gracias polo teu interese e pola tua mensaxe.
Pareceme fantastico o voso blog, ten un nivel moi alto e ademais esta moi ben
desenhado. De feito lin con moita atencion a resenha que facedes do ultimo libro
de Hawking, que ainda non tiven tempo para ler. Emocioname moito ver que hai xente
tan nova coma ti con tanta paixon pola ciencia.

Moito animo e moita sorte co voso blog. Se vos podo axudar en algo faimo saber.

Unha aperta,

Marcos

PS Podes tutearme!!

Tatiana Nespereira Campuzano 1ºB


Colisións de átomos de chumbo no LHC

O pasado xoves 4 de novembro anunciouse dende o CERN as primeiras colisións de chumbo. De maneira técnica, é un gran avance, xa que pasar de usar protóns a átomos de plomo desprovistos de electróns supón un gran aumento da operatividade do acelerador. É de destacar que dende o abandono do uso de protóns a estas colisións so pasaron 4 días.
Debido a colisión de estructuras atómicas máis complexas (cada átomo de chumbo posúe 82 protóns), a enerxía liberada é moito maior, chegando a un total de 287!!! teraelectronvoltios. O experimento aínda que semella parecido nas primeiras etapas, pronto obsérvanse os novos cambios, xa que os parámetros que seguen as colisións son novos e deben calcularse para cada feixe de ións, coa axuda dos detectores ALICE, ATLAS e CMS.
Os principais obxectivos deste experimento é averiguar a composición da materia nos primeiros instantes do universo, tan só un instante despois do Big Bang . Así mediante as colisións se producen cantidades moi pequenas do plasma primixenio formado por quarks e gluóns que constitúiu o universo un chisco despois do Big Bang.
Esta serie de experimentos continuarán realizándose ata o 6 de decembro, cando comeza o parón de 3 meses que require o LHC por causas de mantenemento. Reabrirase en febreiro de 2011.




Se entendedes ben inglés aqui se explica porque se usan átomos de chumbo e non de outro elemento.
Juan Ozaita Corral 1º Bacharelato A
Máis información en :
http://www.muyinteresante.es/un-pequeno-qbig-bangq-en-el-lhc