lunes, 10 de junio de 2013




PARA QUE A CIENCIA CHEGUE AOS RAPACES

Segundo a Confederación de Sociedades Científicas de España, a ciencia non se explica en  España como debería explicarse e iso é a orixe do programa Enciende que pretende demostrar que a ciencia é divertida e está en todo o que nos rodea.
 Hoxe en día a ciencia parece reducirse a unha serie de leis que se memorizan sen entender ofrecendo unha imaxe aburrida e equivocada da mesma. Experimentos como cultivar lentellas ou diseccionar un peixe (que se fan neste instituto) demostran que sempre hai un por que e que o importante é investigar, preguntar, observar e debater que ademais fan esta materia moito máis amena. Este programa propón que os científicos vaian aos centros e que os profesores aprendan dos proxectos doutros centros colgados na plataforma enciende.cosce.org.
 Cales son as razóns desta situación? Segundo a doutora en Didáctica das Ciencias Experimentais, a doutora Couso, moitos dos que fan Maxisterio veñen de Letras , a súa formación en ciencias é moi pobre e a carreira non suple esta carencia pois hai moita teoría e pouca práctica , polo que o día de mañá estes mestres sentiranse inseguros explicando ciencia a pesar da súa valía.
Con respecto aos profesores de secundaria a programación non axuda nada pois condiciónaos de tal maneira que non “atopan” tempo para prácticas e experimentos. A doutora Couso afirma que aos rapaces si que lles gusta a ciencia pero non como lla ensinan. Segundo algúns informes bastaría aprender 10 cousas pero ben. Como a evolución ou os compoñentes máis importantes do universo e, practicando moito.  Basta cun quebranoces  para explicar o movemento dunha palanca.
Para cambiar esta situación a Confederación de Sociedades Científicas de España (Cosce) dá unha serie de recomendacións:
- Cambiar o que e o como ademais da forma de avaliarse.
- O profesorado: ha de replantexarse a formación inicial e continuada do profesorado de ciencias.
-Un observatorio: Para achegar  a ciencia á  sociedade , á familia e ao ocio, propoñen a creación dun observatorio estatal sobre cultura científica.
-Os investigadores: sería interesante que os científicos visitaran as escolas e os institutos para  acabar coa visión estereotipada do traballo científico.
-Boas prácticas: A través da plataforma Enciende intercambiar accións e proxectos para conectar a ciencia e a escola.
Unha mestra conta como a partir de receitas se poden coñecer as reaccións físicas e químicas que interveñen nos alimentos. Fano observando, formulando hipóteses,  comprobando , utilizando distintos elementos… Outra mestra di como cunha pila , un destornillador e un alambre podes achegar aos rapaces  ,dun xeito fácil e comprensible, aos campos magnéticos.
 Os nenos son moi curiosos e traballar así con eles na aula é convertilos en investigadores.Deste xeito comproban que a ciencia está no mundo que os rodea e é algo vivo no que eles tamén teñen moito que dicir.


Brais Casas Fernández