lunes, 27 de enero de 2014

Un cazador de ollos azuis e pel oscura de fai 7.000 anos

Todo comenzou con unha publicación da prensa. Julio Manuel Vidal Encinas tivo que enterarse en 2006 do achado de dous esqueletos humanos, aparentemente pertenecientes á Idade do Bronce, pola portada da crónica O Mundo. O experto solicitou aos xulgados leoneses que lle permitisen acompañar á Guardia Civil na primeira visita á cova de La Braña, e foi aceptado.
A analise dos restos dun deles, revelou que tiña os ollos azuis, como os europeos actuais, e a pel oscura, como os africanos. Sería un cazador-recolector anterior á chegada da agricultura e da gandaría. Un equipo de científicos internacional, liderado por Lalueza Fox, investigador do CSIC, conseguíu extraer o material xenético dun dos dentes do individuo, bautizado La Braña, e presentou agora os seus resultados na revista Nature. "Pero eramos escépticos acerca de que se puidese levar a cabo a análise do ADN tan contaminado" recoñece Vidal Encinas, xa que antes do descubrimento dos restos, estes foran xa manipulados por excursionistas que tiñan acudido ao lugar, movendo os ósos e tomándolles fotografías. 


Este achado permitíu representar o primeiro xenoma dun cazador-recolector europeo recuperado ademáis do máis antiguo. Vivíu no Mesolítico, período de entre fai 10.000 e 5.000 anos, e que remata coa chegada da agricultura e da gandeiría, procedentes de oriente Próximo. 
Segundo indican os científicos, a chegada do Mesolítico levou con ela a adaptación dos indivíduos á nova alimentación, adquirindo por exemplo a capacidade de dixerir a lactosa, característica que La Braña 1 non posuía, aínda que nature recalca que os procesos selectivos daquela época non son ben coñecidos. 
Maior foi a sorpresa para os investigadores cando determinaron nel versións africanas nos xenes que conforman a pigmentación clara dos europeos actuais, revelando así o seu tono escuro de pel. 
Nature destaca o feito de que, segundo estos resultados, a transición ao tono de pel máis claro todavía estaría produncíndose no Mesolítico, e que os cambio do cor dos ollos é anterior. Os datos indican tamén que existe unha continuidade xenética nas poblacions do centro e do oeste de Eurasia, engade Lalueza Fox.
Iñigo Olgade afirma que o equipo vai intentar recuperar o ADN do segundo indivíduo, La Braña 2, que aínda que está peor conservado, poderá aportar información sobre as características xenéticas dos antíguos indivíduos.

Fontes:
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/01/26/actualidad/1390768131_840454.html
http://www.elmundo.es/ciencia/2014/01/26/52e2cb9522601d48328b4581.html


Ana Rodríguez Vilas 1º Bach A

Descuberta unha nova especie de delfín de río no Amazonas.


Seis científicos de distintos países, a maioría afincados en Brasil, descubriron unha nova especie de delfín de río que vive no río Araguaia (Brasil) bautizado como o delfín Araguaia (Inia Araguiaensis) e con él son cinco as especies coñecidas de delfíns de río.

Están en perigo de extinción ameazados polo desenvolvemento e a construción de presas hidroeléctricas. O delfín do río Yangtsé era o último en ser descuberto ata agora (en 1918), e extinguiuse en 2007.

Esta especie xurdiu hai case dous millóns de anos, e o seu número de individuos é baixo: calcúlase que pode haber aproximadamente 1.500 delfíns araguaia.


Para asegurarnos e confirmar que deran cunha nova especie, os seis científicos, realizaron experimentos co ADN mitocondrial. Despois dos experimentos replicados, decidiron usar marcadores nucleares (unha análise no laboratorio sobre un segmento do cromosoma para identificar as partes que teñen en común dous individuos) e estudar a morfoloxía.


Mentres comparaban as mostras nos seus laboratorio concluíron que había unha clara evidencia de que os individuos que viven no Río Araguaia representan, bioloxicamente, un grupo distinto.


FONTES: 
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/01/24/actualidad/1390584729_105093.html
http://www.elmundo.es/ciencia/2014/01/25/52e269e4e2704e21188b457a.html