lunes, 25 de abril de 2011

Efectos sobre a saúde provocados por Chernóbil

Aínda hoxe, 25 anos despois, séguese sen saber a cifra das persoas mortas e afectadas polo accidente nuclear ocorrido en Chernóbil.

En 2005, a ONU declarou que as mortes provocadas pola radiación foran só 50 e que nun futuro poderían chegar a 4.000. A maioría deles liquidadores, os primeiros empleados que enfrontáronse coa fuga radioactiva. O sorprendente é, que membros das academias dos países máis afectados (Ucrania, Rusia e Bielorrusia) calculan decenas de miles de falecidos, e Greenpeace hasta 200.000 persoas.

O pasado 21 de Abril celebrouse en Kiev un cumio científico liderada pola Organización Mundial da Saúde (OMS). Os obxectivos polo que se celebrou, foi investigar os verdadeiros efectos da nube radioactiva do reactor soviético e crear unha Fundación para a Investigación dos Efectos de Chernóbil sobre a Saúde (CHERF).

O CHERF estudará a grupos de individuos durante toda a vida, como se fixo en Hiroshima e Nagasaki. Hasta agora os estudios centrárase sobre todo no cancro de tiroides, esquecendo os tumores de mama, as alteracións xenéticas hereditarias, cataratas e outros tipos de cancros.


Como xa nomeei anteriormente, os máis afectados foron os liquidadores o que fixo que se realizaran moitos estudos dos efectos ocorridos sobre eles. Pero tamén o foron todos os nenos da zona. A maioría da poboación recibiu a radiación inxerindo leite e verduras con iodo-131.



A continuación déixovos un documental titulado “O fantasma de Chernóbil” onde recolle o ocorrido na central coa axuda dun liquidador. Nel tamén aparecen os efectos provocados nos nenos.


Para máis información


Ariana Pascual Sas 1-BACHARELATO-C


O Telescopio de Canarias poderá utilizarse libremente e de manera gratuita






























O telescopio robótico de Tenerife poderá utilizarse libremente dende Internet. O Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) lanzará o próximo 1 de xullo unha iniciativa para que o telescopio robótico (TAD), situado no observatorio do Teide, se converta no primeiro de España de uso gratuíto e a disposición dos cidadáns, que poderán manipulalo a través de Internet.
O TAD é un telescopio controlado remotamente, a través de Internet (http://www.ot-tad.com/), usando un simple navegador web e dirixido, especialmente, a estudantes de secundaria, segundo o responsable do TAD e astrofísico do IAC, Miquel Serra.
Para poder facer uso deste Telescopio, calquera cidadán español deberá rexistrarse no portal (http://www.astroaula.net/) e asistir virtualmente a unha das charlas que se impartirán dende esta web ata maio para explicar o seu manexo e características.



O principal obxectivo desta iniciativa, segundo o portal Astroaula, é espertar o interese nos alumnos de secundaria, bacharelato e formación profesional polas Ciencias Experimentais a través de Recursos Didácticos (Unidades Didácticas, Charlas, Actividades) de Astronomía.
Segundo declaracións de Miquel Serra en Astroaula, parte clave do proxecto son as 'Charlas Virtuais' ofrecidas por Astrónomos experimentados sobre o uso do telescopio e a instrumentación así como un "receitario" para poñer en práctica as Actividades Didácticas".
Os usuarios rexistrados deberán pedir cita para utilizar o telescopio e cada observación poderase alongar ata un máximo de dúas horas podendo repetir experiencia. De momento xa se recibiron máis de 70 peticións segundo fontes de Astroaula.





Feito por: Aitor López Domínguez