martes, 29 de mayo de 2012

A lagoa de Antela

lunes, 28 de mayo de 2012

Medio ambiente por Noelia León

sábado, 26 de mayo de 2012

HIDRÓXENO COMO COMBUSTIBLE GRAZAS A LUZ SOLAR

Unha tecnoloxía inspirada na fotosístesis das plantas e levada a cabo por físicos da universidade Jaume I de Castellón, podería ser a nova fonte de enerxía non contaminante, inesgotable e sen risco do século XXI.



O grupo de investigadores, dirixido por Juan Bisquert, creu un dispositivo capaz de producir hidróxeno por si só empregando unicamente a luz solar. Isto é posible grazas a nanotecnoloxía ( tecnoloxía dos materiais cuxa  magnitud mídese en nanómetros e que se pode aplicar na física, química e na bioloxía) e aos materiais semiconductores cos que conta e que son os encargados de producir esta molécula ,H2, unha vez introducidos en auga (medio acuoso). 

A molécula de hidróxeno libera , ao queimarse, unha gran cantidade de enerxía producindo auga como único residuo e é de esta forma (como H2O) como se atopa o hidróxeno na Terra. 

Para romper a molécula de auga e separar o hidróxeno , este dispositivo realiza todas as reaccións químicas que interveñen no proceso empleando a luz solar e recibe o nome de folla artificial pola súa semellanza a cómo o fan as follas das plantas. Ao sumerxilo, ilúminase cunha potente luz e xenera burbullas de gas hidróxeno.

Polo momento, o rendimento deste dispositivo non é suficiente para comercializalo pero continúan a estudar para que a súa eficiencia consiga satisfacer a demanda enerxética de maneira sostible.

Noelia Rodríguez Rey, Nº 27, 1ºD

Un estudante español crea a cartografía luar máis precisa




O proxecto de fin de carreira, de Iñaki Ordóñez, deu orixe a un mapa topográfico dunha rexión da Lúa coa mellor resolución realizada ata a data.

O seu creador tivo que aplicar as técnicas de teledetección para a superficie terrestre sobre 160 imaxes tomadas pola multitude de satélites que orbitan arredor da Lúa.

A zona estudada na cartografía é a meseta de Aristarchus, de 10.000 quilómetros cadrados. É unha rexión con moita diversidade e riqueza xeolóxica, cun cono volcánico e dous cráteres de impacto chamados ‘Herodotu’ e ‘Aristarchus’ que posúen unha característica importante. Cando un meteorito cae no seu interior e se fonde, o magma cristaliza en materiais novos e diferentes ao arrefriarse. E é o realmente importante deste mapa lunar.

Os astrónomos poderían realizar unha lectura profunda sobre a orixe e a evolución da Lúa e os materiais da súa superficie con este mapa, ademais o seu detallado traballo sobre a orografía e a composición xeolóxica da Lúa o seu peso en ouro para as futuras misións espaciais tripuladas, que prevén establecer mesmo unha base científica permanente na súa superficie.


Abraham Otero Fernandez Nº22 1ºD

viernes, 25 de mayo de 2012

O primeiro avión soar da historia aterrou hoxe en Madrid.

O Soar Impulse realizou un voo de 26 horas unicamente alimentado pola enerxía do sol, despegou ás 8:20 de onte de Suíza, con dirección a Madrid, onde fixo escala antes de chegar a Rabat o seu destino final. O avión percorreu en total 2.500 quilómetros sen unha gota de carburante e cunha emisión cero de dióxido de carbono.
Madrid foi unha escala técnica e tras a súa aterraxe, prevista a partir das 00:00 horas do venres en Barajas (aeroporto de Madrid), a aeronave permanecerá en terra para ser sometida a diversas revisións técnicas.
Ten 12.000 placas fotovoltaicas que recobren sus inmesas ás, a envergadura é equivalente á dun Airbus A340 (63 metros), pero un peso (1600 quilos) equivalente ao dunha furgoneta grande e cunha cabina para o piloto na que apenas cabe unha persoa sentada.


En 2014 o avión solar dará a volta ao mundo.


Lucía Sánchez Corral nº30 1ºD

jueves, 24 de mayo de 2012

O risco dun accidente nuclear é maior do que se pensaba

Un accidente nuclear catastrófico como os de Fukushima ou Chernóbil pode producirse en calquera lugar do mundo unha vez cada 10 ou 20 anos, o que significa unha probabilidade 200 veces superior ás estimacións realizadas en Estados Unidos en 1990, según un estudio dirixido por Jos Lelieveld, director do Instituto Max Planck de Química (Alemania). Estos novos cálculos están feitos partindo do número de reactores nucleares para usos civís en operación (440), pero os científicos advirten que outros 60 están en construcción. Europa Occidental, onde a densidade de reactores é alta, pode sufrir cada 50 anos uns episodios de contaminación grave por cesio-137. Estos investigadores, á vista dos resultados que obtiveron, piden que se realicen análisis e evaluacións con profundidade dos riesgos asociados ás plantas nucleares. Os seus cálculos para determinar a probabilidade de fusión do núcleo dun reactor con emisión ó exterior no mundo —e recordan que, ata agora, rexistráronse catro: un en Chernóbil e tres en Fukushima— básanse no número total de horas de operación dos reactores nucleares existentes dende a súa posta en funcionamento. Unha fusión do núcleo afectaría a uns 28 millóns de persoas en Europa! Os resultados indican que, de media, soamente o 8% das partículas contaminadas se depositan no solo nunha área de 50 kilómetros alrededor do accidente nuclear, o 50% supera un radio de 1.000 kilómetros e, aproximadamente, un 25% chegará máis lonxe de 2.000 kilómetros. Ao combinar estos datos coa distribución xeográfica dos reactores en operación, os investigadores conclúen que se se producise a fusión dun reactor nuclear en Europa Occidental resultarían afectados uns 28 millóns de persoas por contaminación de máis de 40 kilobequerelios por metro cuadrado. No sur de Asia, debido á alta densidade de población, serían 34 millóns, e no este de Estados Unidos, entre 14 e 21 millóns. Enlaces: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/05/23/actualidad/1337798912_067447.html Lorena Rodríguez Castro Nº24, 1º Bach. D

Cambiemos o mundo

Traballo realizado por Lorena Rodríguez Castro

miércoles, 23 de mayo de 2012

Coida o planeta

Traballo realizado por: Cecilia Moreton Rodríguez y Ariana

martes, 22 de mayo de 2012

DIFERENZAS XENÉTICAS NOS CANS ACTUAIS.

Os cans foron os primeiros animais domesticados, sufriron moitos cruzes ao longo dos seus 15.000 anos de historia e iso fai que sexa moi difícil rastear as antigas raíces xenéticas dos animais domésticos de hoxe en día según un estudo dirixido pola Universidade de Durham no Reino Unido, no que participaron investigadores do CSIC e que foi publicado na "Proceedings of the National Academy of Sciences".

Estes científicos analizaron a composición xenética de 1.375 cans de 35 razas distintas, xunto co analise xenético dalgún lobo e observaron que estas razas teñen xenéticamente pouco en común cos seus antepasados.
Este estudio desvelou que hai unhas 14 razas, entre as que se atopan os Basenji, Saluki e Dingos, que teñen unha mellor herdanza xenética ancestral pero consideran que esto é debido a que permaneceron aislados xeográficamente durante un longo período de tempo e non formaron parte das iniciativas levadas a cabo polas Asociacións de Criadores, no século XIX, para crear a maioria das razas domésticas  que temos hoxe en día.
Esta diversidade xenética ten que ver tamén, cos movementos humanos. O can como animal de compañía só ten 2.000 anos de historia, anteriormente eran empregados para realizar traballos específicos.Tanto o aspecto, como o compartamento dos cans actuais é moi diferentes ao dos seus antepasados hai só uns poucos centos de anos.

María Cerreda Pereira nº8 1ºD

Fragas do Eume


Traballo realizado por Vera Pérez Rodriguez e Paula Trigás Vázquez