Moitos preguntarédevos que ten que ver unha cousa con outra...pois moito,lectores,moito.
En Canadá atopouse un depósito deste líquido(resina de ámbar fosilizada) duns 80 millóns de anos de antiguedade, e nel apareceron nada máis e nada menos que plumas de dinosauros.
Entre as atopadas hai de todo tipo,dende as primitivas(que recordan máis a un pelo ca unha pluma),ata aquelas que servían para voar ou outras que estaban adaptadas á inmersión na auga
Algúns anos atrás soamente coñecíamos un dinosaurio con plumas(o Archeopteryx).
Pouco a poco,nos últimos tres anos,foron aparecendo fósiles con plumas de diferentes cores e este novo descubrimento confirma as teorías que falan sobre a evolución das estruturas das plumas primitivas ás máis sofisticadas e tamén que coexistiron varias especies de dinosauros (que non estaban capacitadas para voar) con plumas nun mesmo período de tempo.
Fonte:http://a100ciacierta.com/
Marta Araújo Rodríguez 1º BACHARELATO - D