martes, 22 de julio de 2014

Poderia existir un apocalipsis debido a xenética?

Un equipo de cientificos en EEUU transfiren ao óvulo dunha mona un xen dunha medusa chamado GFP que codifica unha proteína fluorescente verde. Unha vez fecundado o embrión implántase noutra mona, na cal ao dar a luz obtén unha cría que contén GFP nos seus tecidos, aínda que non ten ningunha función é moi doado de identificar. O primeiro macaco ANDi modificado xeneticamente (transxénico) naceu no 2000 despois de varios abortos e intentos que non resultaron.

Pouco a pouco vanse conseguindo avances que permitan que os primates 
transmitan aos seus descendentes xenes doutra especie que se introduciron de forma artificial. Os científicos a partir destes experimentos intentan encontrar a cura para enfermidades neurodexenerativas como o Alzheimer ou o Parkinson.

O amanecer do planeta dos simios móstranos como os seres humanos están a punto de extinguirse debido a unha gripe chamada a dos simios. A pregunta é ¿se nalgún momento un experimento se nos fose das mans podería chegar a darse unha situación como esa? ou ¿ Canto se parecen os primates a nós como para poder modificar tanto os seus xenes como o seu comportamento?

É importante distinguir entre os simios e os primates. Os primates úsanse para investigar enfermidades como o 
Alzheimer e o Parkinson.

O filosofo 
Thomas Baldwin elaborou un informe no que mostraba os riscos dos experimentos con animais e urxía que se garantise un marco ético común para esas prácticas. O que explica este diario é que transplantar células neuronais en primates 
podia ter riscos como por exemplo que comezase a presentar algunhas capacidades humanas, aínda que isto xa sería un caso moi extremo e moi improbable, xa que para facer estes experimentos fan falta grandes coñecementos científicos e moita experiencia.



                            Nuria Vila Seijas Nº30 1ºBach-D