sábado, 28 de enero de 2012


As obras da estación do Ave en Saegra (Cataluña), deixan ao descuberto un enorme depósito arqueolóxico con restos que proceden da época do Neolítico ata o século XIX. O que encontraron exactamente ata o momento foi unha fosa , duns nove metros cadrados, na cual hai moitos restos de homes, mulleres e nenos falecidos nunha epidemia aproximadamente fai 3.500 anos. A través dos estudos que estanse facendo pretendese saber qué enfermidade foi a que lles causou a súa morte. É un dos depósitos máis importantes encontrados nos últimos anos en Barcelona e incluso en España, aínda que non ó único, xa que dende que comezaron as obras do AVE no 2008, foron numerosos os restos encontrados.

Fonte de documentación : http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/01/28/catalunya/1327787706_452817.html

NATHALIE MARTÍNEZ RIBAO 1ºD

Revista Science: top10 dos descubrimentos do ano 2011




1. Antiretrovirales (ARV) para reducir a transmisión do virus VIH:

A cura para o virus VIH (Sida) aínda non existe. Pero neste 2011 descubriuse un xeito de reducir o seu contaxio nun 95% a través dos antiretrovirales (ARV) e outros métodos de protección nas relacións heterosexuais.



2. O vento solar descolora os asteroides:
Un grupo de científicos xaponeses descubriron que o vento e os raios solares descoloran as partículas dos asteroides. Isto permite solucionar o problema da súa identificación.






3. Poboacións humanas con xenes de Neandertales:

Estudios demostraron que os europeos e asiáticos herdaron de 2-6%-6 de ADN dos Neandertales. Estes cruzamentos entre humanos antigos e actuais non só suciedieron unha vez como se pensaba senón polo menos tres veces. O xenoma dos Neandertales puido contribuír a favorerer a resistencia do sistema inmune.

4. A enerxía limpa a través das plantas:

Investigadores xaponeses obtiveron a estrutura completaFotosistema II, un complexo de proteínas utilizado polas plantas que permite dividir a auga en hidróxeno e en átomos de osíxeno, o hidróxeno xerado podería servir como combustible e conduciría a avances de grande alcance en enerxía limpa, substituíndo os combustibles fósiles como o carbón ou o petróleo.


5. Olladas da orixe do universo:
Os astrónomos detectaron nubes de gas hidróxeno moi parecidas ás que existían nos primeiros centos de millóns de anos despois do Big Bang. Outro equipo achou unha estrela case sen metais, como as primeiras estrelas no Universo, o que suxire que focos de espazo profundo sobreviviron "ilesos" á violenta orixe do Universo.


6. Unha nova vacina contra a malaria (español):
A vacina RTS,S contra a malaria recibiu un impulso ao coñecerse os primeiros resultados dun importante ensaio clínico que demostra que esta vacina podería reducir á metade o risco de malaria en nenos africanos. Non obstante. aínda hai moito camiño por percorrer para poder eliminar esta enfermidade do planeta.
7. O microbioma humano (español):
Científicos españois teñen analizando mostras do intestino humano, os científicos realizaron un estudo da comunidadmicrobianaexistente, e demostraron que esta cambia segundo o tipo de alimentación que teñamos, alta en proteínas ou vexetariana. Ademais puideron observar os cambios na composición da especies de microorganismos que habitan no intestino dependendo da dieta consumida, utilizando como organismo modelo aos ratos.



8. Novos planetas descubertos:
Descubríronse no espazo seis grandes planetas que orbitan moi preto a unha estrela chamada Kepler 11 situada a uns 2,000 anos luz da Terra, nada parecido á conformación do noso sistema solar. Tamén se descubriu un planeta gasoso xigante que xira en dirección contraria á estrela principal do seu sistema, este caso púidose dar pola aparición doutro planeta próximo que mediante a forza de gravidade modifique a rotación do planeta.



9. Filtros moleculares:
As ceolitas son uns materiais con capacidade de formar poros, os cales poden ser utilizados para purificar dende o aire nunha nave espacial ata a auga na rexión de Fukushima (a zona do recente desastre nuclear en Xapón). Tamén poderían ser utilizadas na industria do petróleo para romper os enlaces moleculares dos hidrocarburos debido a que teñen unha actividade catalítica.



10. Remover ás células vellas para manterse novo:

Demostrouse en ratos que a eliminación das células vellas atrasa a aparición de cataratas e de debilidade muscular. As células vellas van perdendo a capacidade de dividirse, porque poderían producir enfermidades dexenerativas como o cancro.




Abraham Otero Fernandez 1º Bach D  Nº22