Unha investigación liderada pola Universidade de Marburgo
(Alemania), determina que a distribución de especies de insectos en Europa
depende das cores do corpo e do clima. Os resultados deste estudo que publicou
a revista Natura Communications, proporcionan pautas para prever os
efectos dos cambios climáticos sobre ditos animais.
Os insectos (coma os lagartos e serpes) absorben a
enerxía do sol para convertila en movemento. As especies de cor escura son
capaces de absorver máis luz solar cos de cor claro có fin de aumentar a
temperatura corporal. Por outro lado, as variedades da cor claro poden reflexar
a luz para evitar o sobrequentamento, o que lles da ventaxas a temperaturas
altas e baixas.
Para entender como o cambio de temperatura a nivel global
afecta aos insectos, os investigadores analizaron as ás e os cores de 473 especies
europeas de bolboretas e libélulas. Para elo, comprobaron que as variedades
máis escuras adaptaranse mellor a climas fríos e as de cores claros aos climas
cálidos.
Como resposta ao quentamento climático, as especies poden
cambiar a súa distribución, adaptarse as novas condicións, o en última
instancia, extinguirse. Aínda que esta última é pouco probable. Aclara Zeuss.
Neste estudo conbínase o análise dixital de imaxes
recentes coas estadísticas filoxenéticas para demostrar que a claridade da cor
dos insectos está relacionada ca temperatura de toda Europa. Ademáis mostra que
os grupos de libélulas aclararon a súa cor no último século e llo atribuen ao
quentamento global.
Os
resultados indican que, co quentamento global, os cambios na distribución de
especies de insectos pódense predecir en certa medida. Por exemplo, esperaríase
que as especies de cor escura trasladásense a rexións máis frías ou que cambien
a súa preferencia de hábitat cara a condicións máis sombrías.
Fontes: http://www.agenciasinc.es/Noticias/El-calentamiento-global-favorece-a-los-insectos-de-colores-claros
Patricia Pérez Froufe 1º Bach A