domingo, 17 de febrero de 2013

Os ansiolíticos trastornan o comportamento da fauna fluvial


Os vertidos de ansiolíticos ós ríos poderían provocar un grave e inesperado problema ecolóxico. Estes fármacos chegan ata as augas fluviais a través da ouriña ou porque se tiran pola taza do water. Un grupo de científicos da Universidade de Umea (Suecia) declara que, a pesar de ser tratados en plantas depuradoras, estes vertidos afectan ó comportamento da fauna fluvial.

O seu estudo, publicado recentemente na revista Science, céntrase nos efectos do ansiolítico Oxazepam nunha especie concreta de peixe, unha perca europea chamada Perca Fluviatilis. Este fármaco utilízase para tratar a ansiedade en humanos. O traballo levouse a cabo nos ríos de Suecia, onde a exposición a este medicamento é maior.

As percas que entran en contacto con este ansiolítico comen máis rápido; vólvense máis intrépidas, abandonan os refuxios seguros para entrar en áreas potencialmente perigosas; e teñen un comportamento menos social, sepáranse do grupo e incluso se afastan a gran distancia dos seus conxéneres. Isto podería desencadear grandes problemas ecolóxicos alterando a cadea alimenticia dos ríos e provocando un incremento descontrolado das algas. 


Fontes de información:



Antía Quintana Gallego, 1º BACH A