viernes, 18 de noviembre de 2011

A sonda Cassini documenta o desenvolvemento dunha tormenta xigante en Saturno

A sonda Cassini é un proxecto conxunto da NASA,a Axencia Espacial Europea(ESA) e a italiana(ASI).



Esta sonda seguiu a esta tormenta durante toda a súa evolución,200 días nos que a tormenta se estendeu por unha área de 15.000 km na cara norte de Saturno. O radio da sonda permitiunos detectar que esta é unha tormenta convectiva ,isto quere dicir que a tormenta ten actividade eléctrica.

Esta tormenta é a máis grande detectada nas ultimas décadas en Saturno é a maior observada desde unha nave interplanetaria.



Nesta foto pódese observar unha pequena mancha que aparece o 5 de decembro de 2010 e que se vai facendo cada vez máis grande e transformándose nunha xigantesca tempestade,que a finais de xaneiro de 2011 xa lle dera a volta a todo o planeta.

Esta tormenta convectiva terminou a finais de xullo deste ano pero aínda se poden observan algunhas nubes turbulentas que isto xerou.

Andrew Ingersoll (membro do equipo de imaxes de Cassini no Instituto de Tecnoloxía de California en Pasadena.) sinalou que a tormenta de parece máis a un volcán que a un sistema climático terrestre.


A sonda Cassini:



A sonda Cassni,que orbita Saturno,foi lanzada ao espazo en outubro de 1997 e chegou en 2004 xunto coa sonda Huygens de ESA. Esta nave tiña como finalidade estudar a Titán,a lúa maior do planeta.

Leva seis anos transmitíndonos información do sistema solar pero xa debería de haber finalizado a súa viaxe en 2008 pero esta decidiuse prolongar ata o 2017 para que estude os cambios climáticos do planeta e nas súas lúas.

Fonte de información

·Paula García Losada nº11 1ºE bach