miércoles, 2 de febrero de 2011

O irmá do Sistema Solar.


O xemelgo do Sol, Kepler-11 foi descuberto pola Nasa mediante o telescopio que leva o seu mesmo nome. Nun principio, está noticia pode non chamar a atención, pero se lle engadimos que ao redor desta estrela xiran seis planetas cunha orbita similiar á do noso Sistema Solar. De feito crese que grazas a este novo descubrimento poderase averiguar máis sobre os orixes do noso S.S.


Cinco dos planetas que xiran ao redor do Kepler-11 son pequenos e os astrónomos foron quen de determinar as súas orbitas e as súas masas, as súas propiedades dinamicas, as súas posicions nun plano ao redor do astro e a súa composición.







<< Dos seis planetas, os máis masivos parécense a Neptuno e Urano, pero os tres máis lixeiros non se asemellan a nada que exista no noso Sistema Solar >> Esplica Jonathan Fortney, profesor de astronomía e astrofísica na Universidade de California Santa Cruz.

<< Esto non só é un sistema planetarios sorprendente, senón que tamén valida un novo e poderóso método para medir as masas dos planetas >> Señalou Daniel Fabrycky de la UCSC.




Persoalmente creo que non pode haber mellor noticia que o descubrimento dun novo S.S. para o comezo do ano que está dedicado ao Sistema Solar. Creo que esto debería darlle novos ánimos aos astrónomos que están sempre na procura de novos astros.



Ventana externa

Fontes:
La Vanguardia

Coral Real Llamas
1º Bacharelato B



Por desgraza ou por sorte, segundo a persoa, ningún destes novos planetas está habitado xa que están máis cerca da súa estrela que Venus do Sol, é dicir, todos quedan fora da chamada zona habitable (rexion onde a auga pode ser líquida e, polo tanto, podería haber vida.

Morris Goodman

Aínda que a noticia é un pouco atrasada, de novembro, o personaxe merece o noso recoñecemento. Falamos do antropólogo molecular Morris Goodman que faleceu o 14 de novembro en Detroit (EEUU).
Pese os seus 86 anos permanecía moi activo centíficamente.
No ano 1962, celebrouse unha reunión científica organizada pola Fundación Wenner Gren sobre evolución e clasificación humana que resultou, co paso do tempo, histórica. Tres traballos de investigación independentes demostraban o gran parentesco evolutivo entre os chimpancés, os gorilas e a especie humana. Un estudio amosaba cromosomas, outro hemoglobinas e o de Morris Goodman, proteínas do sangue.
O máximo especialista que houbo nunca en primates, o suizo Adolph H. Schultz, estaba presente na reunión e negouse a aceptar as revolucionarias propostas de Goodman e dos outros. A anatomía clásica sostén que na evolución o home queda a un lado e todos os grandes simios ó outro lado. E dicir, pensábase que os grandes simios (chimpancés, gorilas e orangutáns) formaban un grupo evolutivo propio (o dos póngidos) e que os humanos pertencíamos ó outro o dos homínidos, (parte superior da última imaxe). Pero as novas achegas moleculares que se presentaron na reunión do ano 1962 indicaban que, polo contrario, nós pertencemos ó grupo dos grandes simios africanos, somos simios africanos. Noutras palabras, os humanos estamos máis emparentados cos chimpancés e gorilas do que o están estes cos orangutáns asiáticos.(Parte inferior da última imaxe)

Nin se atreveu Darwin
Nin sequera Charles Darwin atreverase a tanto, aínda que deixou escrito que o noso orixe estaba en África e que os monos máis parecidos a nós eran os chimpancés e os gorilas, á hora de clasifical,os prefería colocalos aparte.



Feito por Iván Gallego Gómez 1º Bacharelato A

Alimentos probióticos e alimentos prebióticos



Traballo realizado por Manuel Lorenzo Tallón

A apoptose como técnica de tratamento do cancro

A apoptose, unha das últimas técnicas para comabater o cancro, comenzada a aplicar formalmente nas clínicas a partir de 2002, cando 3 científicos ingleses e estadounidenses recibiron o Nobel polo descubrimento de ditas técnicas. A apoptose é a morte celular programada, utilizada para eliminar células cancerosas. Este sistema ten unha gran efectividade nas primeiras fases da enfermidade, nas cales trátase de provocar danos no ADN nas células anormales, ben sexa por métodos físicos (radioterapia) , químicos (quimioterapia) ou biolóxicos.
Ao provocar dano no ADN estimúlase a producción da proteína p53, que normalmente encóntrase en niveis moi baixos, e que actívase co obxectivo de reparar as citoestructuras e xenes danadas ou modificadas. Cando o dano provocado é irreparable, a p53:
-Provoca a rotura da membrana dos lisosomas e estes dixieren todo o material citoplasmático.
-A cromatina condénsase, a membrana nuclear rómpese en anacos e o ADN recolócase formando pequenos paquetes apoptósicos, formados por fragmentos de ADN e citoplasma.
O problema ven cando xen que codifica á proteína p53 sufre mutacións, como ocorre en moitos casos de cancro. Cando as células non poden provocar a súa morte comeza a expansión do cancro.
Actualmente encóntrase en desenvolvemento varios fármacos que, introdúcense nas células coma compostos normais e, en procesos metabólicos das células, producen ácidos mortais para elas mesmas. Planean usarse contra células cancerosas.
Ademais, aconséllase tomar unha dieta rica en froitas e verduras en pacientes enfermos, xa que algúns destes alimentos parece provocar a apoptose en células cancerosas.


Desnaturalización da ovoalbúmina da clara do ovo



Traballo realizado por Antía Arias García e Lucía Rodríguez Rodríguez 1º Bacharelato B

UK Biobank: o maior banco biolóxico do mundo

Imaxinades 10 millóns de mostras de sangue,orina e saliva de medio millón de persoas contido en conxeladores? Pode que sone un pouco repulsivo, pero un polígono industrial preto de Manchester (Reino Unido) acolle tal cantidade de mostras. Trátase de UK Biobank , o maior banco biolóxico do mundo dada a calidade e cantidade de datos biolóxicos que posúe, aínda que China empeza a retalo. Esta importantísima información está preparada para ser usada pola comunidade científica internacional.




No seo desta industria un robot é mandado por un ordenador a exportar ata 8.500 mostras por hora, mostras que foron obtidas grazas á participación de medio millón de persoas de Gran Bretaña dispostos a facer cuestionarios, probas físicas e extraccións, todos dunha idade comprendida entre os 40 e 69 anos.

Tim Peakman, director deste banco biolóxico, acláranos o porqué desta franxa de idades: "É o tramo no que se manifestan con máis frecuencia as enfermidades e así pódense facer mellores estudos estatísticos de doencias complexas. Se comparamos 5.000 casos de persoas con afección con outros 5.000 sen ela, teriamos unha idea de qué variación teñen". Conclusión? Canto maior volume de base de datos, maior facilidade para comparar.

O biobanco será empregado por calquera investigador que teña fins de "beneficio público"

É a única condición á que someten ós investigadores, obviando que sexan marcas comerciais ou institucións públicas, e todo comezou no ano 2000 cunha convención de académicos seguros de que xa contaban co material tecnolóxico preciso e os estudos e coñecementos relevantes para traballar nas enfermidades sen resolver. No 2004 deron o segundo gran paso: propoñer o UK Biobank a posibles financiadores, e a Wellcome Trust, da farmacéutica semellante, financiou o proxecto xunto con outras entidades.

"O biobanco non é representativo da poboación mundial nin da de Europa, non garda as proporcións de razas, idades, sexos ou minorías étnicas; a base de datos é xeneralizadora, é dicir, establece qué teñen de particular, por exemplo, as persoas que fuman 20 cigarillos diarios ó marxe de sexo ou raza", exclarece Peakman.

Estudos da saúde

No interior das esterilizadas e brancas dependencias do biobanco aínda existen certas máquinas por estrenar, traballo que realizarán 14 persoas de Manchester, 4 de Oxford e 1 de Londres xunto con outras ata facer unha plantilla de entre 20 e 25. Para este proxecto cumpriron 78 millóns de euros no arranque, pero o interesante é que actualmente revalorízase nuns 2,4 millóns ao ano: "Traballamos ca mellor tecnoloxía para abastecer os datos que nos piden e precisamos conectar cos médicos para monitorizar a saúde dos voluntarios rexistrados", comenta o director.
Os investigadores poden solicitar calquer exemplo de datos pero declináronse por dividir estas solicitudes en dous grupos para administralas óptimamente: Un grupo para peticións de carga de insulina, colesterol ou diestas de persoas con alto índice de masa muscular ou xa dentro da categoría de obsidade; e outro grupo para os estudos de enfermidades como a diabetes, os cancros, os desordes psiquiátricos e os trastornos cardíacos, xenéticos ou dexenerativos.

Chegará un día (estimado en 30 anos) no que se esgoten as mostras e a vida activa do biobanco, para o que respalda Peakman: "Iso quererá dicir que haberá xerado resultados que serán a base de datos doutras bases".

Para máis información, visita esta páxina
Texto editado por Andrea Fernández Novoa 1ºBach B

• Plantas que cambian de color con los explosivos


EE UU modifica geneticamente plantas que cambian de cor ante os explosivos
A investigación, liderada pola bióloga June Medford, busca "ensinar" a determinadas plantas a desenvolver "naturalmente" determinadas "proteínas de alerta" ante "estímulos amenazadores". "descubrimos a habilidade de determinadas plantas de actuar como detectores altamente especializados ante ameazas biolóxicas e determinadas sustancias químicas", afirmou a profesora de bioloxía.

"As plantas non poden correr ou esconderse das ameazas, así que desenvolveron sistemas sofisticados para responder ao seu medio ambiente. Ensinámolas como detectar cousas nas que estamos interesados para que respondan dun xeito que podamos percibir, e así nos digan que hai algo nocivo ao redor", explicou Medford. O equipo de Medford traballa nun "modelo" para manipular estes receptores biolóxicos das plantas de forma que reaccionen ante determinados químicos empregados en explosivos. Ata o momento, o proxecto conseguiu hortensias modificadas xeneticamente que palidecen cando entran en contacto con nitroglicerina. Con todo, Medford destacou que isto só ocorre no ambiente do laboratorio.
As plantas de laboratorio tardan en mostrar reaccións visibles varias horas, polo que o reto de Medford e o seu equipo agora é conseguir que esta reacción prodúzase nuns minutos. Medford indicou que as plantas do seu experimento "poderían estar situadas nos aeroportos e sinalarnos quen é a persoa que transporta os explosivos".

Fonte:http://www.larazon.es/noticia/3940-ee-uu-modifica-geneticamente-plantas-que-cambian-de-color-ante-los-explosivos