sábado, 23 de abril de 2011

A NASA convoca un concurso sobre o día mundial da Terra

Onte foi o  Día Mundial da Terra, a Axencia Espacial norteamericana NASA convocou a un concurso polo cal, a través dun video se logre captar a esencia do noso planeta así como o seu funcionamento. O traballo non debe exceder os tres minutos e debe reflectir fundamentalmente o coidado ambiental que se debe ter na Terra. O tráiler será colgado na canle da axencia espacial en Youtube. Unha das regras do concurso é que se deberá usar imaxes do Centro Espacial e datos dispoñibles de xeito gratuíto na súa páxina Web. Así mesmo, ao enviar o video debe ter como etiqueta "Día da Terra a NASA Video Contest 2011". A data límite de entrega é o 27 de maio e como xurado terase diversos científicos e comunicadores. A que esparades para participar??


María Isabel Limia Pérez 1ºBacharelato B

As dunas en perigo

Pareceume adecuada esta noticia, porque onte foi o día da Terra e os alumnos de Bioloxía imos ir a visitar proximamente as Dunas de Corrubedo.

As dunas están protexidas pola directiva europea da rede Natura 2000, as súas infraestruturas mal deseñadas e a acción do home causan un impacto directo que ameaza estes ecosistemas tan débiles. Pero que as pon en perigo? Os aparcadoiros dentro das dunas e os accesos ou as pasarelas colocadas a nivel do chan que permiten o paso á praia, cortan o primeiro cordón dunar do ámbito interrompendo a dinámica natural destas dunas. Todo isto recóllese en Vulnerabilidade das dunas en relación á presión turística, un estudo publicado por Sara Muñoz, científica da Universidade de Sevilla.

Sara asegura "os meus resultados son extrapolables a calquera costa que conte con dunas no acceso á playa". Aclara que os principais elementos que afectan a estes sedimentos de area son as influencias naturais e o factor humano, neste caso ocasionado, na súa maior parte, por "un mal deseño" das infraestruturas.

Salienta que o impacto humano é "doadamente corrixible" con maior información aos turistas e cunhas infraestruturas axeitadas. "A cartelería informa da flora e fauna da praia, pero non está enfocada á protección dos cordóns dunares", explica a investigadora. "Moitos dos cidadáns que visitan as praias non acceden polas pasarelas que existen nestas e pisan as dunas, compactándoas e vertebrándoas, conclúe a investigadora.



Feito por María Isabel Limia Pérez 1º Bacharelato B







Cando vaiamos ás Dunas de Corrubedo (fotografía), sería interesante comprobar o estado das Dunas e tamén a existencia de carteis informativos e o trato dos bañistas ás dunas.


A ave máis ameazada de España volve aos humedais manchegos

Grazas a recuperación do Parque Nacional das Tablas de Daimiel foi posible que unha das aves máis amezadas da Península Ibérica como é a facha moruna (Fulica cristata) regrese ao gran humedal manchego; esta especie estaba nun crítico estado de extinción. A recuperación deste ecosistema húmido fixo que dúas parellas desta rara especie asentáranse no parque, e segundo os especialistas do parque algunha das parellas pode chegar a criar. Esto é moi positivo xa que no último censo realizado pola Sociedade Española de Ornitoloxía de 2007 só había 96 parellas reproductores en España das cales o 80% cría en Andalucía, o 10% en Valencia e o 5% nas Illas Baleares e Cataluña.

Esta rara especie estaba case extinguida na década dos 90 pero dende ahí empezou a sufrir unha lenta recuperación debido a numerosas iniciativas como: programas de cría en cautividade en Andalucía e Valencia; o desenvolvemento de programas de recuperación das especies e, o máis importante, a recuperación do gran humedal manchego.




Esta ave pódese distinguir por ter na parte frontal dous chamativos bultos de cor vermella, polo que tamén e denominada focha cornuda. É unha ave de tamaño medio que adoita vivir en humedais con auga doce e a súa alimentación baséase en plantas acuáticas.



Lorena Yáñez López 1º A