jueves, 5 de enero de 2012

In memoria

En cinco anos no centro non tiven a sorte de que María Xosé me dese clase, pero abondaba con baixar esas escaleiras tódolos días e cruzala a ela para sentirme como unha alumna máis, recibindo os seus bos días, o seu sorriso, a súa preocupación sempre polos demáis... En cambio fun unha desas afortunadas en viaxar a quilómetros de Ourense con ela, nese autobús tantas horas metidos, e con ela, para coñecer eses lugares tan fermosos no país do lado que ela nos ensinou. París non tería tódala maxia que tivo se non fose pola súa compañía, a súa protección e a súa axuda cando a precisamos. Uns máis ca outros, é certo; mais todos, un por un, nalgún momento preciso sentimos a súa ausencia. Recordemos a Camba cun enorme sorriso nas nosas caras, porque o certo é que o merece, e non se pode recordar doutra maneira máis que sorrindo tal e como ela facía con todos nós.



Non quero deixar atrás o 2011 sen dar as grazas a tódolos meus compañeiros polo ano tan xenial que compartín con eles, decirvos que non queda nada, catro mesiños de nada entre esas catro paredes, despois de tantos anos que eu e algúns máis levamos ahí xa... é incrible como corre o tempo, e canto vos votarei de menos; cando menos o pensedes xa estamos fóra, cada uno polo seu lado... só sorte e moito ánimo neste anaco de camiño que queda por percorrer. 
E grazas tamén a ti profe, por todo o teu esforzo por nós e polo apoio, grazas a ti tamén chegamos a pasar eses días en Gandarío, unha experiencia sen dúbida moi boa, volvería agora mesmo se puidese ser.


Feliz 2012 a todos!