miércoles, 29 de diciembre de 2010

Pódese ensinar a ser intelixentes

A intelixencia constrúese usándoa, a clave na construcción da intelixencia está nas experiencias que ofrecemos aos fillos e que nos ofrecemos a nós mesmos. En 1986 Stenberg e Deterjan propoñen como novidades:
*O desenvolvemento da intelixencia non é estable nin lineal senon espiral.
*A intelixencia nun momento dado non marca a execución intelectual dun suxeito para toda a vida.
*a intervención cognitiva produce cambios neurorítmicos e estruturais no cerebro humano adulto.
*Existen variables moduladoras que determinan esa capacidade (estimulación da cultura e o contexto)
*Non existe idade prefixada de finalización.

Existen diferentes estratexias que nos permiten ter un pensamento máis intelixente e o mellor de todo é que estas estratexias se poden esnsinar e aprender ao longo de toda a nosa vida.
Unha vez adquiridas estas estratexias chegaremos a unha excelente toma de decisións co que conseguiremos o éxito na vida.
Non nos conformaremos, traballemos o noso corpo e traballemos a nosa mente os resuutados de ambos os procesos serán visibles na vida cotiá.

Fonte: Ourense por Barrios

Aitor López Domínguez 1ºB

Contaminación sonora.

Acotío pasamos desapercibidos moitos tipos de contaminación, e nos medios de comunicación só oímos falar de contaminación medio ambiental, pero tamén hai outras con menos efectos secundarios pero non por iso menos importantes ou molestas. Un destes casos é a contaminación sonora:

Un recente estudo da Organización Mundial de la Salud (OMS) publica que Buenos Aires é a cidade máis ruidosa de América Latina e a cuarta de todo o planeta detrás de Nueva York, Tokio e Nagasaki.



¿A que se debe tanta contaminación sonara en Buenos Aires?
  • Principalmente un tercio dos máis de 40 millóns de habitantes viven na cidade e nos seus redores de modo que demasiada multitude reside nun lugar relativamente pequeno.
  • A longas rúas, rectas e con frecuencias angostas provocan unha canalización do son.
  • O crecemento económico do país tradúcese en máis automóbiles e numerosos traballos de construcción.
  • Outros tipos de de razóns poden ser a pobreza do regulamento no transporte público o cal provoca ruído e as altas temperaturas que obrigan a abrilas fiestras das casas, máis estas non están comprobadas científicamente.


¿Que provoca este tipo de contaminación?
  • Molestias e incomodos, consecuecias suficentes para os seus habitantes.
  • Non é, nin moito menos, beneficioso para os oídos se non todo o contrario.
  • Pode causar extres e estúdanse outras consecuencias sobre a estabilidade psíquica.

¿Niveis normais e en Buenos Aires?
  • Os niveis normais non deberían exceder de 55 decibeles durante o día e 45 durante a noite.
  • Os niveis en Buenos Aires exceden os 70 e ata os 80 decibeles!


¿Solucións?

Os habitantes derrotados polo ruído diario optan por irse da cidade ás aldeas ou usar tapóns para os oídos mais a verdadeira solución está en cada un dos seus cidadáns.



Uxía Rodríguez Rodríguez 1º Bach A

Un eclipse agochará o noso Sol o próximo martes.

A mañá do 4 de xaneiro será unha das mañás máis escuras do 2011. O fenómeno comenzará ás 8:19 horas producindose a ocultación máxima do Sol ás 8:58 horas e rematando as 10:18. O eclipse só sera un eclipse parcial xa que para ver a ocultación do Sol case completa (ao 80%), habería que ir a Paris.

Consellos para ver un eclipse solar:
-Non comtemplalo a simple vista.
-Non utilizar inventos non recomendados, coma gafas de sol, rodiografías... etc
-Para ver o eclipse sen perigo ningún (xa que mirar ao Sol sempre é perigoso) débense comprar unhas gafas indicadas para este tipo de fenómenos, que poderás encontrar nunha optica ou en tendas especializadas por un prezo moi económico.





¿Qué es un eclipse de Sol? from Sara Odriozola on Vimeo.



Mario Blanco Cid 1ºA Bach.

Xigantesca tormenta en Saturno

Unha xigantesca tormenta, que se distingue como unha gran mancha brillante, foi captada no hemisferio sur de Saturno pola nave espacial automática Cassini.
Un fotógrafo veterano afirma que nunca se vira nada coma isto e tamén di que pode que sexa a maior tormenta en Saturno en moitas décadas.
O fenómeno xa fora detectado polos astrónomos aficionados pero houbo que esperar a que a nave Cassini alcanzase a posición adecuada na súa traxectoria arredor do planeta dos aneis.
As tormentas en Saturno son habituales pero esta é tan grande que ata un telescopio de aficionado de tamaño medio podería vela dende a Terra e brilla máis que os propios aneis de Saturno.
A nave que captou todo isto, Cassini, partiu da Terra en outubro de 1997 e chegou a Saturno en xullo de 2004, ca finalidade de estudar o sistema de Saturno, os seus aneis e as súas lúas durante varios anos.
Para máis infomación
Editado por: Lidia Blanco Otero 1º Bach. A