Benvido/a! Nós somos un grupo de estudantes de Bacharelato. Con este blog queremos informar sobre os avances e descubrimentos científicos máis relevantes do panorama actual, porque a cultura tamén engloba a ciencia!Visitádenos e comentádenos para estar ao día!
(Edublog participativo)
sábado, 2 de febrero de 2013
A PRIMEIRA HISTORIA
COMPLETA DUNHA GALAXIA
Un grupo de
astrónomos españois do Observatorio de Calar Alto, en Almería, conseguiron reconstruír
a historia completa das galaxias, é dicir, a historia de cómo as galaxias se
forman e crecen, fabricando novas estrelas seguidamente.
Para realizar
esta fazaña, os investigadores precisaron estudar a formación de máis de 100
galaxias diferentes, nun proxecto nomeado CALIFA(Calar Alto Legacy Integral
Field Area), no que colaboran tanto os investigadores do Observatorio de Calar
Alto como os do Instituto Max Planck de Astronomía.A vida dunha galaxia dura varios
miles de millóns de anos, polo que resulta imposible seguir a evolución
completa da súa vida.Para conseguir recrear a evolución completa dunha galaxia
é necesario estudar moitas galaxias en diferentes estados da evolución da súa
vida.
Un dos datos máis
importantes dos descubertos foi que as galaxias máis grandes e masivas crecen
máis rápido que as pequenas e desenrolan antes as súas rexións principais.Para
descubrir isto aplicouse un método coñecido como “método de rexistros fósiles”
que lles permitiu aos investigadores establecer a historia de formación de
estrelas en cada unha das galaxias analizadas.
A Fundación
Nacional de Ciencias de EE.UU e a
revista Science premian a un vídeo que
simula e mostra o funcionamento do corazón humano. Realizado por
Barcelona Supercomuting Centre (BSC), foi escollido como mellor vídeo
científico do mundo no 2012 de entre máis de 200 propostas de 18 países. Este
titúlase 'Alya Red: a computational heart' e o seu
desenrolo implicou a médicos, bioenxeñeiros e investigadores en
supercomputación e en imaxe médica.
Este vídeo de non
moito máis de 4 minutos foi suficiente para ó xurado de expertos do Premio Internacional de Visualización de Ciencia e Enxeñería. “Quedeime
literalmente alucinado”, di Micheael Reddy, membro do xurado, á revista Science. “Despois de ver o vídeo por
primeira vez, pensei: cambiei a maneira na que vexo un corazón”. A organización
do premio tamén organizou unha votación popular na rede onde o vídeo volveu a
quedar en primeira posición.
A investigación
baseouse en técnicas de resonancia magnética e as de supercomputación empregadas
no proxecto de Alya Red. O vídeo ensina, a través da mestura de imaxes médicas antigas
e representacións en 3D, unhas simulacións realizadas por ordenador cunha
ferramenta chamada Alya
System. O obxectivo
é mellorar a comprensión deste complexo órgano e poder simular a acción de
novos fármacos no corazón.
O vídeo está en inglés, pero o BSC ten previsto publicar un traducido ó castelán.