jueves, 9 de mayo de 2013

O exceso da hormona do estrés provoca perda de memoria

O estrés ten consecuencias visibles, como a baixa de defensas ou a perda de sono. Sen embargo, tamén existen consecuencias a nivel celular e cerebral que poden afectar gravemente á nosa saúde e rendemento a longo prazo. Un recente estudo realizado polo Centro de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Raras (CIBERER) e o Hospital Sant Pau demostrou, por primeira vez en humanos, que un exceso de cortisol (a hormona do estrés) reduce considerablemente a materia gris na zona do hipotálamo do cerebro, provocando a perda de memoria.

O estudo estivo baseado en resonancias magnéticas aplicadas a pacientes afectados polo síndrome de Crushing, unha enfermidade rara na que o propio organismo produce un exceso de cortisol. As persoas sometidas a este estudo estaban xa curadas e, aínda así, observouse que se producira unha redución da materia gris nesa zona cerebral, o que provocaba perdas de memoria.

Este trastorno neuronal explícase porque diminúe o metabolito N-acetilaspartato (o que indica que a materia gris está danada) e aumentan o glutamato e a glutamina (o que demostra que a materia branca do cerebro crece como mecanismo de compensación). O feito de que os pacientes estivesen curados demostra que o dano causado pola hormona do estrés é irreversible.

A relación entre esta patoloxía e a perda de memoria xa se estudara anteriormente en animais, pero nunca en humanos. Este estudo abre novas vías de investigación como comprobar os danos que produce o estrés crónico diario ou facer un seguimento dos pacientes que se tratan con altas doses de fármacos glucocorticoides, como a cortisona, xa que imitan a acción do cortisol.



Fontes de información:

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A

Holanda estrena cubos de lixo intelixentes: pidente o DNI e cobrante según os kilos de desperdicios xenerados.

É o último en procesado intelixente de residuos, e acaban de estrenarlo na cidade holandesa de Groningen : tratase dunhos cubos de lixo robotizados que piden o DNI a quen quera deshacerse dos seus desperdicios e cobranlle en función dos que xenere.

Instalaronse seis mil en toda a cidade. Funcionan cunha batería de alto rendemento que lles otorga dunha autonomía de hasta 5 anos.
E qué pasa no seu interior, cando alguén arroxa desperdicios? Pois hai un sistema subterráneo de clasificación de lixo que distingue entre desperdicios e envases reciclables, e calcula a factura que ten que abonar cada familia polo servicio.

Menos roubos e emisións.

De feito, desde a substitución dos vellos contenedores por estos modernos, as substraccións reducironse un 70%. Ademáis, pensan aforrar case 92.000 euros anuais e reducir as emisións contaminantes á atmosfera nun 18%.
A implantación da nova tecnoloxía serviu para elimiñar 3.500 dos antiguos contenedores e para cobrar un recargo por xeneración excesiva de lixo a 640 familias da localidade.  
Fontes de información:
Carlos Álvarez Sabucedo, 1ºBach. A.