jueves, 13 de enero de 2011

2010: O ano máis cálido da historia


Así é, o ano 2010 convertiuse xunto co ano 2005 no ano máis cálido que se ten rexistrado dende 1880. O incremento da temperatura da superficie terrestre no ano pasado é de 0,62 grados con respecto de hay 10 anos. Este aumento da temperatura terrestre, que parece tan insignificante, é a proba máis clara da existencia do efecto invernadoiro que algúns cuestionan.


Mario Blanco Cid 1ºA Bach.

A resistencia microbiana crecente







Os antibióticos non son inofensivos xa que poden ter efectos adversos e o seu mal uso pode producir a súa perda de eficacia. Debido a isto é necesario informar a poboación da necesidade de utilizar de xeito racional este tipo de fármacos.


Segundo a Teoría da evolución de Darwin a poboación de bacterias que produce unha infección son todas distintas desde un punto de vista xenético, unha son máis resistentes aos antibióticos que outras. O uso inadecuado destes fármacos, fan desaparecer por selección natural as máis débiles e quedan as máis fortes o que acelera a aparición de bacterias resistentes, algo perxudicia,l sen dúbida, para todo o mundo. Así, arriscámonos a que moitas infeccións bacterianas graves que ata o día de hoxe tiñan curación no futuro non o consigan. Isto é un aspecto que entre todos temos que cambiar, preservando o valor curativo dos antibióticos. O Ministerio de Sanidade e Consumo, consciente deste problema, puxo en marcha desde o ano 2006 unha campaña informativa. O cartel e os spot que aparecen neste post son unha mostras da citada campaña.

O progreso das medidas hixiénicas, a mellor calidade das condicións de vida, as vacinas, os antibióticos, etc fixeron crer, erradamente, que as enfermidades infecciosas desapareceron ou farano axiña. Nada máis afastado da realidade. A sida, a tuberculose, as hepatites C e E, a enfermidade do lexionario, a malaria e a meninxite, entre outras. Este exceso de confianza que nos fai pensar que temos, en concreto, as infecciones bacterianas controladas, son as que estar a dar a cada día maior resistencia aos antibióticos .



Seguindo os consellos que aparecen a continuación poderemos diminuir ou amortiguar este problema:

- Non debemos precipitarnos á hora de tomar medicamentos. Non a automedicación.

- Os causantes de moitas afeccións respiratorias son virus ante os cales os antibióticos son ineficaces e polo tanto só o médico é o indicado para receitalos, no caso de que perciba algún tipo de risco por enfermidades subxacentes ou pola idade, así como para evitar sobreinfeccións.

-Seguir sempre medicación sen saírse das regras, empregando a dose recomendada e os días fixados polo facultativo.

- Non empregar medicamentos que atopemos por casa gardados porque seguramente non se adapten ó que precisamos nese momento, por iso debemos agardar e, se os síntomas continúan, ir ó médico.

-Á hora de compralos, aínda que sexan os receitados, procurar optar á medicación xenérica, posto que non sempre o máis caro é o máis efectivo.

-Sempre que teñamos medicamentos nas nosas casas, debemos gardalos e non telos á vista dos nenos.







Lucía Rodríguez Rodríguez 1ºB

Antibióticos. Cando se deben tomar e cando non.

Definición de "antibiótico" por ABC:


Un antibiótico é aquela substancia química, xeralmente utilizada na Medicina animal e humana e na horticultura, que pode ser producida directamente dun ser vivo ou derivada sintéticamente deste co obxectivo de matar ou impedir o crecemento de certos microorganismos sensibles que causaran unha concreta infección sobre os mencionados organismos.


Cada un de nos temos unhas 100.000 bacterias en cada cm2 de pel saboreando escamas de pel, fluidos e minerais que desprendemos. Os microbios constitúen un 80% do todo aproximadamente, e a maioría non son perxudiciais, outros poden beneficiarnos e só uns poucos son perxudiciais para o home. E por moi poucos que sexan, (un de mil microbios son malignos para o ser humano) son a terceira causa de morte no mundo Occidental.






O problema que nos afecta é o seguinte: a inmunidade destes microbios perxudiciais a un tratamento recurrido, ás veces, innecesariamente: os antibióticos.


¿Que factores inflúen na resistencia aos antibióticos?

Un uso inxustificado e un abuso dos antibióticos leva a que as bacterias xeneren unha resistencia. A fácil dispoñibilidade de antibióticos nalgúns países onde se venden sen prescripción médica fomenta esta resistencia.
Moita xente toma antibióticos fronte a constipados ou gripes, cando o remedio "caseiro" tampoco ven mal de cando en vez. Temos que saber cando debemos evitar os antibióticos, e para iso, coñecer contra que non poden combatir:



  • Infeccións causadas por virus, como os resfriados, a maioría das dores de gorxa, a bronquitis e algunhas infeccións de oído.



Os antibióticos só funcionan cando se trata de infeccións causadas por bacterias, fungos e algúns parásitos. Polo tanto, debemos recurrir a este tratamento, sempre prescrito polo noso médico, cando padecemos alguna infección no seguinte tipo:



  • Infeccións de gorxa, oídos, urinarias, sinusitis, infeccións sépticas por alimentos, das vías respiratorias, etc. Todas as infeccións nombradas, como xa sabedes, serán tratadas con antibiótico porque están producidas por bacterias, tendo que existir evidencias clínicas de que non é un problema vírico.



Polo tanto, é aconsellable acudir sempre a un especialista que nos proporcione evidencias clínicas de que nos atopamos ante unha infección bacteriana, e preferiblemente, ter en conta tamén certas precaucións para outros medicamentos, xa que o abuso de calquera deles tampouco é beneficioso para nos e poderíamos estar tratándonos de maneira incorrecta.









Tamara Fernández, 1ºC