viernes, 22 de abril de 2011

DIA MUNDIAL DA TERRA 2011

22 de abril Día da Terra, nesta celebración todos estamos invitados a participar en actividades que promovan a educación ambiental e a recuperación do noso Planeta.


O Secretario Xeral das Nacións Unidas Ban Ki-moon manifestou no discurso do Dia da Terra do ano pasado "dependemos dos recursos da natureza para o noso sustento, benestar e desenvolvemento. Demasiado a miúdo retiramos capital da natureza sen devolvelo. Agora empezamos a ver as consecuencias de non protexer o noso investimento".


Desde Doñana, onde estou de vacacións, invítovos a que fagades algún comentario para concienciar a todos da necesidade de loitar por un medio ambiente natural e social mellor. Como dicía Marcel Proust "Aínda que nada cambie, se eu cambio, todo cambia".






Este vídeo de Carl Sagan fainos pensar o pequenos que somos, unha pinga no cosmos.
Feliz día da Terra, coidémola entre todos, é o noso fogar.


Carmen Cid Manzano