miércoles, 25 de enero de 2012

Queres concursar?

.
Fonte: http://www.google.com/intl/es/events/sciencefair/enter.html
Antia Arias Garcia

A ARQUEOLOXÍA DESCOBRE A PESCA DA EUROPA PREHISTÓRICA.





Un equipo internacional de arqueólogos liderado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) documentou cerca de Moscú unha serie de cercos e trampas de pesca de máis de 7.500 anos de antigüedade. Os utensilios encontrados, entre os máis antiguos de Europa, presentan unha gran complexidade técnica e o seu estudo permitirá coñecer o papel da pesca nas poblacións europeas de inicios do Holoceno (fai 10.000 años).


"Ata o de agora pensabase que os grupos mesolíticos non tiñan campamentos estables, senón que eran estacionais". explica o investigador do CSIC Ignacio Clemente, director do proxecto, que nos conta que durante o Neolítico e o Mesolítico, os habitantes desta rexión denominada Zamostje 2, cazaban en verano e inverno, pescaban en primaveira e inicios de vrao, e recolectaban froitos silvestres a finais da época estival e en outono.

GRAN ÉXITO DESPOIS DE 3 ANOS.

Os investigadores consideran que a pesca tivo un papel fundamental na economía de aqueles tempos. Durante este proxecto, atoparonse obxectos cotidiáns, instrumentos de traballo, armas de caza e aperos de pesca, manufacturados todos con sílex e outras rochas, ósos e astas. " Podemos destacar o descubrimento de dúas grandes nasas ( cesta entretexida con varillas de piñeiro empleada para a pesca ) de madera moi ben conservadas, de fai 7.500 anos" comentanos Clemente, añadindo que incluso chegaron a encontrar coitelos para limpiar o peixe.

ATOPADOS INCLUSO RESTOS ORGÁNICOS.

Unha das peculiaridades do xacemento Zamostje 2 é a conservación de numerosos materiais orgánicos, entre eles, restos de peixe que " dan unha idea da porcentaxe proteínica de peixe que aportaba á dieta a población prehistórica " e permitirán coñecer a clasificación das especies.

PROXECTO INTERNACIONAL.

Financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, neste proxecto participaron tamén o Instituto de Historia da Cultura Material-Academia das Ciencias de Rusia, o Museo Estatal del Hermitage de San Petersburgo, o Museo Estatal de Sergiev Posad, a Universidade Autónoma de Barcelona e o Centre National de la Recherche Scientifique de Francia.







Raquel Barreiros Novoa, 1º Bach. D