miércoles, 9 de enero de 2013

POLA SÚA BOSTA SABEREMOS QUEN É

No século XIX naceu unha nova disciplina que ao principio non gozou de moito éxito pois o material co que se traballaba non era ni máis nin menos que cacas fosilizadas, si, como volo digo, cacas ou bostas en galego. Nacía a  coproloxía. Daquela os científicos déronse conta de que no interior destas cacas fosilizadas que aparecían  ao lado de restos de ictiosaurios e plesiosaurios  había escamas, dentes e mesmo ósos de peixes que eran moi ricos en fosfato cálcico, o que indicaba que había moitos ósos na súa dieta e polo tanto os seus hábitos eran carnívoros.
Hoxe en día a coproloxía é unha especialidade plenamente desenvolvida. Estes excrementos teñen moito valor anque son escasos pois é difícil que se preserven ben porque son inxeridos por outros animais ben porque se disolven na auga ou porque se descomponen ou disgregan. Pero unha pequena cantidade chegou ata nós no rexistro xeolóxico o que está sendo moi aproveitado. Gracias a elas sabemos que comían os seus produtores anque o máis difícil é saber a que animal pertencen. Tal é o caso do Tyrannosaurus Rex cuxos excrementos presentaban moitos fragmentos óseos cousa que chamou moito a atención porque se cría que eran capaces de dixerir a maioría dos ósos que comían. Parece ser que non era así e que o seu proceso dixestivo nin era tan rápido nin tan intenso e que pulverizaban a osamenta das vítimas a forza de mordiscos.
Pero o que  abriu un novo campo de investigación foi a análise do ADN presente nestas cacas fosilizadas. Isto permitiu dar información non só sobre a dieta senón tamén sobre os desprazamentos dos animais que as producián. Así pois a arqueóloga Kristin Sobolik da Universidade de Maine propuxo buscar o ADN nalgúns das miles de excrementos atopados na cova Hinds, un antiquísimo asentamento do sur de Texas. Nesas están. O caso  é que os avances en bioloxía molecular fan que estes excrementos prehistóricos sexan o eixe da paleobioloxía.
                                                                                             
Brais Casas Fernández
Fontes de documentación:
bil.ly/QuqMiJ
 socserv.mcmaster.ca/adna
 bi.ly/Sav7G5